galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Comercio

luns, 13 de febreiro de 2017
" Aprobadas as bases de adxudicación dos locais de emprendemento da praza de abastos"

 

A Xunta de Goberno Local aprobou as bases que permitirán a adxudicación dos seis novos locais que servirán para acoller iniciativas de emprendemento.

 

O Concello do Grove aprobou a pasada semana as bases de adxudicación dos seis postos que se crearon na praza de abastos coa finalidade de acoller espazos de emprendemento. As bases, que están pendentes da súa publicación no Boletín Oficina da Provincia, establecen os requisitos para poder solicitar estes postos, ademais de indicaren o seu custo. Debe destacarse que os concesionarios destes postos contarán cun alugamento gratuíto durante o primeiro ano,  e que será moi reducido nos seguintes.

 

O prazo de presentación das solicitudes (que se iniciará a partir da publicación no BOP) será dun mes, e a adxudicación farase en función dos proxectos propostos, valorándose aqueles que permitan diversificar e dinamizar a oferta deste espazo. Deste xeito serán priorizadas as propostas que permitan a ocupación de persoas desempregadas de longa duración e terán preferencia tamén as iniciativas postas en marcha por mulleres. Ademais do anterior, e de cara a facilitar a presentación das solicitudes, as bases recollen un formulario para a elaboración do Plan de Empresa que tenta simplificar a información que os emprendedores terán que achegar.

 

Agárdase que estes espazos conten con notable demanda e sirvan como referencia para completar a oferta da praza de abastos. Lembramos que durante o pasado pleno saíron a concurso as bancadas e locais que quedaban vacantes, o que permite seguir traballando pola plena ocupación deste espazo.

 

Borrador das bases pendente de publicación no BOP>

Anexos (SOLICITUDE)>

 

axenda

calendario
mes anterior maio | 17 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss