O decreto sobre a conservación da píllara das dunas esténdese ás provincias de Lugo e A Coruña, sendo o Concello do Grove o que lidera o grupo de boas practicas municipais.
O vindeiro venres 22 de abril ás 10.00 h no Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz, en Oleiros, terá lugar a Xornada Técnica sobre a Xestión da Píllara da Dunas nas praias da Coruña e Lugo, organizada polo Grupo de Traballo sobre a Píllara das Dunas. Este grupo esta integrado por administracións locais, autonómicas, universidades, entidades conservacionistas e o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental). Asistiran a concelleira Obras, Medio Ambiente, Servizos e Infraestructuras, María Ángeles Domínguez Fernández, e o técnico de medioambiente, Francisco Meis.
O Concello do Grove está a liderar a correcta actuación das administración locais na xestión de boas practicas sobre a conservación desta ave en perigo de extinción. Desde ese papel o Goberno municipal insta as concellos afectados polo decreto do Plan de protección da píllara das dunas a que se sumen ás boas practicas cumprindo as ordenanzas da Xunta de Galicia.
Como exemplo de boas practicas por parte do Concello do Grove achégase o referido á limpeza manual das zonas catalogadas no decreto de conservación, tal como o areal da Lanzada e a praia da Mexiloeira, deixando en desuso a máquina cribadora que destroza os niños e elimina as algas, parte viva e necesaria para o ecosistema da Charadrius alexandrinus L.
Ademais do anterior, o municipio realiza un uso sostible do medio, empregando os recursos de xeito máis adecuado, tal e como se ten feito coa substitución de duchas por lavapés, ou eliminación de puntos de atracción para os depredadores, como os pequenos colectores do lixo ou a eliminación do acceso de vehículos as áreas protexidas para eliminar a contaminacion afmosférica desas áreas e ao mesmo tempo protexer os espazos físicos.
O Concello do Grove non só pide a colaboración dos demais municipios afectados polo decreto, senon que tamen solita a o apoio da veciñanza e dos visitantes para manter os areais limpos e respetando o medio, non só nos especificamente protexidos, como A Lanzada, O Vao ou A Mexiloeira, senón en todas as zonas onde a colaboración para a recollida dos refugallos propios debería ser a dinámica habitual.