galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Seguridade

mércores, 12 de xullo de 2017
"O Concello leva a cabo a reunión de seguridade da Festa do Carme"

 

Na xuntanza, que tivo lugar onte, participaron responsables da Policía Local, Emerxencias e da Comisión de Festas, ademais dos servizos de limpeza.

 

O Concello do Grove desenvolveu onte a reunión de coordinación de cara á celebración das Festas do Carme, que darán comezo mañá xoves. Entre as medidas postas en marcha para o bo desenvolvemento do evento contémplanse a revisión pormenorizada das atraccións de feira (tal e como se vén realizando desde hai dous anos), ademais do plan de corte de rúas e xestión do tráfico. O Concello reforzará os servizos. Deste xeito, todos os axentes da Policía Local participarán no operativo que se desenvolverá durante todos os días da Festa, ademais de contar coa cobertura 24 horas dos servizos de Emerxencias. Tamén se realizou un plan especial de reforzo da limpeza tanto da zona da Festa como de toda a vila.

 

No relativo ao tráfico, desde o Concello recoméndase encarecidamente acudir á zona da praza do Corgo a pé para evitar problemas de embotellamento debido ao corte de rúas e á eliminación da zona de aparcadoiro pola colocación dos escenarios para os espectáculos musicais. En canto á limpeza, elaborouse unha circular para os postos e casetas situados na praza para lembrarlles a súa responsabilidade de limpeza da zona en que traballan. Para ese fin foron habilitados 20 colectores portátiles que se sitúan adecuadamente para que, ao rematar o seu traballo, poidan recoller o lixo adecuadamente. Alén do anterior, a Policía Local disporá de servizo de guindastre durante a Festa e, a partir do xoves, as furgonetas e vehículos de servizo dos postos deberán ser retiradas á zona habilitada para tal efecto detrás da lonxa.

 

Mercado semanal

 

Ademais do anterior, infórmase de que o mercado semanal dos venres terá lugar no seu horario habitual na praza do Corgo, recolocando os postos nas zonas libres da Festa. Os postos serán situados polos efectivos da Policía Local.

 

axenda

calendario
mes anterior xullo | 17 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss