galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Urbanismo

mércores, 13 de setembro de 2017
"O Concello do Grove reclama oficialmente a desafección da escola do Monte da Vila e da 'casa dos mestres'"

 

Agárdase que a Consellería de Educación reverta estes edificios ao Concello o antes posible.

 

A Xunta de Goberno Local que tivo lugar hoxe aprobou a solicitude formal da desafectación da denominada “casa dos mestres” situada no colexio Rosalía de Castro e da escola infantil do Monte da Vila, logo de que se confirmase que este ano non contará co servizo de escola. A desafectación é solicitada despois de que as valoracións técnicas avalasen esta posibilidade e de que a Xunta de Galicia confirmase esta posibilidade. Agora ten que ser o ente autonómico o que confirme este extremo e desde o Goberno local agárdase que se remita a resposta o antes posible.

 

Desde o Concello do Grove considérase que a recuperación destes inmobles pode resultar beneficiosa para todos os veciños e veciñas ao contarse con novos terreos para uso público que poderán ser empregados para darlles cabida a algún dos múltiples proxectos que xa teñen posto en marcha. Debe terse en conta que, no caso concreto da “casa dos mestres”, o inmoble se atopa en mal estado, polo que a súa recuperación definitiva, unha vez concedida a desafectación, pode resultar longa e custosa. Por outra banda, tamén son necesarias melloras no edificio da escola infantil do Monte da Vila, cuxo mantemento estaba sendo bastante custoso nos últimos anos.

 

O Concello do Grove xa leva varios meses traballando desde o punto de vista técnico para valorar os posibles usos destes espazos, así como os trámites necesarios para a súa xestión. En calquera caso, todos os pasos quedan pendentes de que a Xunta de Galicia determine a  propiedade destes a favor do Concello.

 

axenda

calendario
mes anterior setembro | 17 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss