galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

luns, 12 de febreiro de 2018
"O Concello do Grove pon en marcha a solicitude de “Festa de Interese Turístico” para o Entroido meco"

Cancelado o desfile de entroido do martes 13 que pasará ao sábado 24 de febreiro.

 

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar o inicio do expediente para a solicitude de “Festa de Interese Turístico” para o Entroido do Grove. Deste xeito deberá elaborarse un informe que incida na orixe histórica desta celebración, a súa continuidade ao longo dos anos, a singularidade, o arraigo, valor cultural e aspectos organizativos como os esforzos promocionais e de seguridade realizados. O seguinte paso será elevar a pleno esta solicitude para, posteriormente, darlle traslado á Xunta de Galicia quen é a responsable de outorgar o dito recoñecemento.

 

O Concello do Grove pretende reivindicar a peculiaridade e orixinalidade do noso Entroido ao tempo que incide na súa capacidade dinamizadora nunha época do ano onde se desestacionaliza a actividade da hostalería local e se consegue manter activa a vila que recibe numerosos visitantes.

 

Cambios no programa polo mal tempo

 

A previsión meteorolóxica para mañá, martes 13 de febreiro, fixo necesario suspender o tradicional desfile no “sambódromo” meco. Esta celebración trasládase ao sábado 24 de febreiro co mesmo percorrido e as mesmas condicións establecidas. A pesar de que non se celebre o desfile, débese incidir en que as comparsas si aproveitarán a tarde para percorrer os bares da vila coas súas historias. O resto do programa continúa como estaba previsto, xa que o mércores 14 e o xoves 15 de febreiro todas as actividades se realizarán a cuberto na Carpa do Entroido.

 

Outro dos eventos importantes que se modifica é o Enterro da Sardiña, que se realizará o sábado ao rematar o desfile de Entroido, tamén co mesmo percorrido. 

axenda

calendario
mes anterior decembro | 18 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss