galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Urbanismo

mércores, 11 de xullo de 2018
"O Concello do Grove avanza na apertura da vía de conexión nentre o Monte da Vila e a rúa Castelao"

Trátase dunha vía vencellada ao desenvolvemento da zona do Monte da Vila onde irá situado o Auditorio e Escola de Música do Grove.

 

O Concello do Grove conta xa co proxecto técnico da vía que conectará o Monte da Vila coa rúa Castelao partindo do lateral da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Esta vía estase desenvolvendo mediante dous traballos paralelos.

 

Por unha banda estase ultimando un estudo de detalle (incorporado ao PXOM) no que se recolle a proposta de convenio co Club Breogán para a cesión de terreos desta entidade -para a vía e unha parcela adicional duns 600 metros cadrados- a cambio de dotar o resto de terreo con edificabilidade. Trátase dunha vía xa recollida nas normas subsidiarias pero que precisou de actualización. Esta primeira parte da estrada quedaría así en disposición de iniciarse en breve.

 

A segunda parte do enlace, entre a rúa As Bouzas e a Castelao, conta xa co proxecto técnico. Unha vez máis trátase dunha vía xa recollida nas Normas Subsidiarias e que, inda contando con pendente, resulta adecuada e operativa. Todo o proxecto contempla beirarrúas e as correspondentes medidas de accesibilidade e melloráronse as zonas de xiro para ter en conta a correcta mobilidade dos autobuses na zona. Este proxecto conta xa co correspondente orzamento, que supera os 400.000 euros, achegado a través do préstamo de 1,5 millóns de euros solicitado polo Concello.

 

Logo da elaboración deste proxecto queda pendente a confirmación das cesións dos terreos lindantes, que contarán, a cambio, con edificabilidade directa. Por todo isto agárdase que a construción desta poda iniciarse a fins de ano e incluso levarse de xeito coordinado coas obras do Auditorio do Monte da Vila. A apertura deste tramo permite que, unha vez rematados os trámites do estudo de detalle da outra zona, se poida proceder á súa construción e rematar o enlace completo.

 

Trátase dunha das obras máis importantes na xestión urbanística do Grove da última década, xa que supón unha solución importante para a zona do Monte da Vila e para o acceso ás infraestruturas deportivas e culturais desta importante área do Grove.

 

Plano do proxecto das Bouzas a Castelao>

 

axenda

calendario
mes anterior novembro | 18 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss