Logo de acometer as melloras nun tempo récord, o tráfico rodado e os peóns poden percorrer a nova rúa desde o mediodía de antonte.
O alcalde do Grove e os membros do Goberno local estiveron onte pola mañá revisando a rúa Alexandre Bóveda logo de que fose reaberta ao tráfico ao mediodía de antonte. A falta de detalles de remate, como mobiliario e algunha sinalización, a rúa xa loce segundo os criterios buscados con esta actuación: saneamento mellorado, total accesibilidade e adecuación aos criterios europeos de mobilidade peonil .
Lembramos que esta actuación tivo un custo de 240.000 euros e enmárcase nun plan de humanización máis amplo previsto polo Concello do Grove, enlazando coa actuación levada ao cabo na rúa Castelao e vencellada a proxectos previstos no outro tramo da propia rúa Alexandre Bóveda e á modificación do tráfico na avenida de Beiramar, obras estas que se iniciarán despois da Festa do Marisco.