galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

xoves, 13 de setembro de 2018
"Continúan os actos do 'Mes da Emigración'"

 

Ademais da exposición que se inaugura hoxe, esta semana unha das actividades principais xira en torno á figura do médico Cándido Otero Goday.

 

Os actos que o Concello do Grove organizou para homenaxear os emigrantes mecos continúan esta semana cunha gran variedade de actividades. Hoxe mesmo terá lugar, ás 20.00 horas, a inauguración da mostra “Galizamérica. Edición e lingua na emigración”, na que participarán a concelleira de Obras, Servizos e Medio Ambiente, Ángeles Domínguez; a comisaria da mostra, Carmen Carreiro; o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, e tamén Ramón Nicolás, comisario da mostra, quen será o encargado de facer un percorrido por esta. Posteriormente terá lugar unha conferencia de Rosario Portela sobre a edición galega no franquismo.

 

Xa mañá venres, tamén co auspicio da Deputación de Pontevedra, dentro das actividades do Ano da Lingua, proxectarase o filme “A Cicatriz Branca”, de Margarita Ledo Andión, que se centra na historia das mulleres que emigraron soas a Arxentina na primeira metade do século XX. Será na Sala das Cunchas a partir das 20.00 horas. O sábado a programación céntrase no teatro da man de Enxebre, quen acollerá no seu local a obra “Mar de Hilos”, obra que forma parte dun proxecto artístico, multidisciplinar, inclusivo e social da Coruña.

 

Xa o domingo terá lugar un dos actos principais da programación, coa lectura pública da obra “Que lonxe está Lordelo”, do médico Cándido Otero Goday, que terá lugar na rúa Castelao ás 19.00 horas. Nese acto participarán Francisco Sabell, que fará unha introdución á figura de Cándido Otero Goday; o alcalde do Grove, José A. Cacabelos, e a concelleira de Cultura, Emma Torres, que iniciarán a lectura, e Antón Mascato, que rematará a lectura dos textos de Cándido Otero Goday. A obra, inédita, consta de tres capítulos nos que se describen as clasistas condicións da vida abordo dos vapores, en función da tarifa escollida; as peripecias das emigrantes e dos emigrados, moitos deles do Grove e mencionados con nome e chata, xunto cos diferentes favores que lle piden; os procesos históricos nos que se viu atrapado, como guerras, motíns, sublevacións ou as trucaxes dos polisóns para non pagaren a pasaxe.

axenda

calendario
mes anterior novembro | 18 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss