galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

venres, 8 de febreiro de 2019
"‘Invisibles’ chega ao Grove nun pase dobre para concienciar sobre o maltrato"
foto

 

A Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acollerá a representación desta obra o venres 22 e o sábado 23 de febreiro ás 21.30 horas.

 

O Concello do Grove acollerá a representación de Invisibles, baseada na obra homónima de Montse Fajardo, nas vindeiras semanas. A alta expectación creada por esta importante iniciativa de concienciación contra as violencias machistas ten feito necesario contar con dous pases, o venres 22 e o sábado 23 de febreiro ás 21.30 horas. A entrada é de balde, pero cómpre recoller a invitación previamente na casa da cultura en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas ou no Centro de Información á Muller (CIM) en horario de 9.00 a 14.00 horas a partir do próximo luns, 11 de febreiro.

 

A obra Invisibles está protagonizada por Sheyla Fariña, Mela Casal e Nieves Rodríguez, que poñen voz a tres historias de sete mulleres recollidas na obra escrita. Trátase de historias reais de distintos tipos de violencia de xénero que foron adaptadas ao formato teatral baixo a dirección de Marián Bañobre. A obra corre ao cargo da Compañía Redrum Teatro e o Centro Dramático Galego e contou coa colaboración do Concello de Pontevedra, chegando agora ao Grove tras ter un notable éxito noutras localidades.

 

Desde o Concello do Grove considérase que esta actividade pode ter un impacto moi positivo na concienciación social sobre esta grave problemática ao eliminar, precisamente, a invisibilidade deste grave problema fronte a toda a sociedade.

 
Galería:
 

axenda

calendario
mes anterior xullo | 19 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss