galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Xuventude

luns, 11 de marzo de 2019
"Depo Aventura A Lanzada 2019"
foto

 

A OMIX do Concello do Grove informa que xa está aberto ata  o 28 de marzo o prazo de inscrición para participar nos campamentos Depo Aventura no Centro de Vacacións da Lanzada, organizados pola Deputación de Pontevedra.

 

Nesta edición contarase con 11 quendas que comezarán o 23 de xuño e finalizarán o 7 de setembro. A través deste programa búscase que os escolares participantes obteñan habilidades sociais e coñezan lugares de interese nun espazo natural. Cada quenda é de sete días de duración.

 

‘Depo Aventura A Lanzada' vai dirixido a menores con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, nacidos entre 2006 e 2011, que estean empadroados na provincia de Pontevedra e que non padezan ningunha enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa.

 

Neste 2019 poderanse apuntar ata 2 200 escolares, que contarán con actividades de tipo lúdico, cultural, formativo e tamén deportivo. 315 das prazas son gratuítas para as familias que se atopen en situación de risco de exclusión social. O resto de matrículas teñen un custo de 100 euros, ou de 80 en casos de familias numerosas.

 

As solicitudes presentaranse  preferiblemente por vía electrónica a través do formulario da sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede. depo.gal)  que , unha vez cuberto, xerará unha solicitude en PDF. Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos.

 

Unha vez que se peche o prazo de inscrición realizarase un sorteo para outorgar as 200 prazas dispoñibles en cada unha das 11 sesións.

 

Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada no 2º andar da Casa do Concello (praza do Corgo, 1). Tel.: 986 730 609. omix@concellodogrove.es.

 

Lembramos que a OMIX atende de luns a venres de 9.00-14.00 h na Casa do Concello e os luns tamén de 16.00-19.00 h no Edificio de Servizos Sociais de Lordelo (rúa do Matadoiro s/n).

 

 

 

 

 
Galería:
 

axenda

calendario
mes anterior xullo | 19 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss