galego | español
texto grande
buscar

Noticias

venres, 14 de xuño de 2019
"O Concello do Grove informa da distribución das delegacións da Concellerías para o mandato 2019-2023"

 

Os dez concelleiros do Grupo Socialista traballaron esta semana para organizar as áreas de traballo das que se ocuparán nos vindeiros catro anos.

 

O Grupo de Goberno do Concello do Grove estará formado estes catro anos por dez concelleiros pertencentes ao Grupo Municipal Socialista. O grupo procedeu esta semana a traballar no reparto de funcións e na posta ao día dos aspectos máis importantes de cada unha das concellerías para conseguir que o cambio de goberno resulte o máis rápido e eficaz posible, garantindo así a continuidade da xestión e dos proxectos postos en marcha.

 

Deste xeito, o número dez do grupo, Javier Caneda continuará co seu traballo como concelleiro de Sanidade e Emprego, tendo como deberes fundamentais a consecución definitiva do Grove como espazo cardioprotexido e a xestión das bolsas municipais de emprego, entre outros. No número nove incorpórase María López, quen será a responsable das concellerías de Xuventude e Promoción Económica, tendo esta última como funcións fundamentais a dinamización comercial e a incentivación do emprendemento.

 

No número oito tamén se produce unha nova incorporación, neste caso do concelleiro Quito Parada, quen será o responsable de Asuntos Sociais e Igualdade, dándolle continuidade aos grandes avances logrados nestas áreas na etapa anterior. Juan Otero continuará a ser a referencia fundamental do Goberno en San Vicente, ocupando a Concellería de Medio Rural, que lle permitiu dar, por fin, a presenza que merece a esta parroquia. Pilar Galiñanes tamén continuará no relativo a Educación, sendo o mantemento dos centros educativos da localidade unha das cuestións fundamentais.

 

Tamén se incorpora como novidade ao equipo Juan Outeda, quen se ocupará da Concellería de Limpeza, encargada da xestión de residuos e do mantemento dos recursos vinculados con estas cuestións, con especial importancia da limpeza dos espazos públicos. Outeda tamén pasará a ser o encargado de Mercados, sendo, polo tanto o responsable da praza de abastos e do mercado municipal. A concelleira Noemi Outeda farase cargo da Concellería de Cultura, que inclúe a xestión de patrimonio e de áreas como Normalización Lingüística, mantendo ademais a área de Terceira Idade.

 

Tamén ten continuidade en Deportes Santiago Meis, que incorpora ás súas funcións neste área á relativas a Seguridade, facéndose cargo da xestión dos servizos da Policía Local e Emerxencias. A Tenencia de Alcaldía será ocupada por Ángeles Domínguez, que continuará sendo a responsable de Obras e Infraestruturas do Concello, ademais da Concellería de Medio Ambiente.

 

Finalmente, o propio alcalde, Jose Cacabelos, manterá as delegacións de Urbanismo e Xestión Económica Municipal, facéndose cargo, ademais, da área de Turismo.

axenda

calendario
mes anterior xullo | 19 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss