galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Turismo

venres, 5 de xullo de 2019
"Éxito da presentación da Festa do Marisco en Holanda"

 

A prensa gastronómica de Ámsterdam dálle unha moi boa acollida ao evento culinario máis importante de España.

 

Onte ao mediodía tiña lugar no centro de Ámsterdam a presentación internacional da Festa do Marisco. O local Level Eleven, no décimo primeiro andar do edificio situado na Estación Central de Ámsterdam, acolleu o evento no que participaron máis de quince xornalistas especializados de medios vinculados á gastronomía e ás viaxes, tanto de Ámsterdam como doutras zona de Holanda.

 

A directora da Oficina de Turespaña na Haia foi a encargada de abrir o acto que se realizou en inglés, agradecendo que O Grove se desprazase ata a cidade holandesa para dar a coñecer un importante enclave turístico do país. A continuación, a directora de Promoción Turística de Galicia, Carmen Pita, convidou os presentes a coñecer O Grove, tanto na Festa do Marisco como en calquera época do ano. Finalmente, o alcalde, Jose Cacabelos, presentou a Festa, pero tamén fixo un percorrido polo Grove como destino cunha grande oferta de posibilidades. Os voos directos dende Ámsterdam a Galicia fan do Grove un lugar ideal para visitas de curta estancia.

 

Logo das intervencións e da proxección do vídeo promocional do Grove, foi o chef do Restaurante Meloxeira, Álvaro Fuentes, o encargado de realizar un showcooking no que amosou, baixou unha grande expectación, a preparación dunha empanada de mexillón á que se lle engadiu chourizo (un produto con moito seguimento en Holanda) e no que tamén se empregou a cervexa local Groshl na masa, xesto moi valorado polos asistentes.

 

Posteriormente tivo lugar a degustación, na que se serviu a empanada, pero tamén vieiras tanto con salsa tradicional como con foie e arándanos. O polbo foi presentado á feira, pero tamén en tapa con crema da pataca e tamén se ofreceron zamburiñas e mexillóns de Amegrove en escabeche. Todo acompañado por viño albariño e con torta de Santiago de pastelerías do Grove como sobremesa, ademais do correspondente licor café. Tamén se repartiu merchandising da Festa do Marisco que permite que esta estea presente nas redaccións de moitos medios.

 

O Grove consegue, unha vez máis, ter a presenza internacional que merece un evento como a Festa do Marisco. Unha vez máis, os asistente ao acto confirmaron o grande atractivo dun evento que reúne unha gran cantidade de alicientes.

 

axenda

calendario
mes anterior xullo | 19 mes próximo
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss