galego | español
texto grande
buscar

Benestar Social

 

Enderezo

Edif. administrativo do Concello do Grove

 

Rúa do Matadoiro, s/n (Lordelo) 

36980 O Grove

Teléfono

986 733 334

Fax

986 733 902

Horario de atención

9.30-14.00 h (de luns a venres)

 

Son os encargados de amortecer as desigualdades sociais, por medio de políticas activas que permitan unha maior integración social. O seu traballo, asistencial e preventivo, desenvólvese en áreas como as persoas maiores, a promoción social en xeral, as discapacidades, a familia e a infancia.

Integran o sistema de protección social que está máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

Os servizos sociais municipais teñen por obxecto:

 

  • A detección e análise das necesidades e carencias sociais das veciñas e veciños do Grove.
  • A información, a orientación e o asesoramento á cidadanía sobre os seus dereitos sociais e os procedementos para o seu exercicio.
  • A prevención de problemáticas sociais no ámbito da comunidade.
  • A mellora da autonomía persoal.
  • A inserción social dos membros marxinados e excluídos da comunidade.
  • A animación e o desenvolvemento comunitario.
  • A mellora da cooperación e solidariedade expresada no voluntariado social.

 

Ademais, desenvolven programas e facilítan o acceso das persoas aos recursos sociais existentes nas diversas áreas: familia, infancia, mocidade, persoas con discapacidade, persoas maiores, emigrantes e inmigrantes, prevención e inserción social e voluntariado.

 

  • Acollemento familiar de persoas maiores.
  • Acollemento familiar para persoas con discapacidade.
  • Apoio a coidadores/as.
  • Asistencia sanitaria e farmacéutica para persoas con discapacidade (LISMI).
  • Asistencia sanitaria para persoas sen recursos económicos.
  • Apoio á dependencia.
  • Axudas de prevención e apoio a familia en situacións carenciais graves para a preservación dos menores no seu contorno.
  • Axudas económicas para situacións de emerxencia social.
  • Axudas individuais non periódicas para a terceira idade.
  • Axudas individuais non periódicas para persoas con discapacidade.
  • Ingresos en centros para persoas discapacitadas.
  • Nadal entre amigos.
  • Pensión non contributiva.
  • Prestación por ter fillos discapacitados.
  • Situación de emerxencia social.
  • Termalismo.
  • Vacacións.

 

Persoas maiores

  • Acollemento familiar de persoas maiores.
  • Apoio a persoas maiores dependentes.
  • Apoio a persoas maiores para prevención da dependencia.
  • Axudas individuais non periódicas para a terceira idade.
  • Nadal entre Amigos.
  • Servizo de axuda no fogar.
  • Teleasistencia domiciliaria.
  • Termalismo.
  • Vacacións.
  • Vellos tempos (programa de conciliación e respiro familiar).

 

Discapacidades

  • Acollemento familiar para persoas con discapacidade.
  • Axuda no fogar.
  • Axudas individuais non periódicas para persoas con discapacidade.
  • Ingreso en centros para persoas discapacitadas.
  • Pensión non contributiva por invalidez.
  • Prestación por ter fillos discapacitados.

 

Familia e infancia

  • Axudas de prevención e apoio a familias en situacións carenciais graves para a preservación dos menores no seu contorno.
  • Actividades para a apertura de centros escolares fóra do horario lectivo.
  • Familias acolledoras.
  • Programas de atención familiar.
  • Absentismo escolar.
  • Prestación familiar por fillo a cargo.
  • Programa de Intervención Familiar.

 

Integración

  • Renda de Integración Social de Galicia (RISGA).
  • Plan de inclusión social.
  • Axudas asistenciais individuais extraordinarias para emigrantes retornados.
  • Axudas económicas para situacións de emerxencia social (municipais e da Xunta).

 

axenda

calendario
mes anterior agosto | 17 mes próximo
LMMXVSD
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss