galego | español
texto grande
buscar

Que é un Punto Limpo?

O Punto Limpo do Grove é un recinto situado no lugar da Zapateira (A Siradella).

Ten como obxectivo fundamental servirlle á cidadanía como centro de achega voluntaria e como complemento da recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.

 

Regulamento completo

 

Obxectivos do Punto Limpo

Este lugar centraliza o  depósito por parte da cidadanía daqueles residuos recollidos selectivamente para os que é necesaria unha xestión específica polo seu tamaño, volume ou composición (p. ex., pilas, disolventes e outros materiais).

 

Os obxectivos principias da instalación son:

  • Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, como o papel, vidro, metais, etc.
  • Evitar o vertido incontrolado de entullo e residuos voluminosos como mobles ou electrodomésticos.
  • Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente, como os medicamentos, pilas, pinturas, etc.

 

Se se segue esta vía de valoración, poderemos recuperar os materiais para a súa reciclaxe, como o papel, o vidro, os metais..., e conseguiremos así evitar o vertido incontrolado de entullo e outros residuos, separar os residuos que poidan representar un risco para o medio ambiente e aforrar materias primas e enerxía.

 

Residuos para depositar no Punto Limpo: 

  • Papel e cartón
  • Vidro
  • Plásticos de diferentes tipos
  • Metais
  • Téxtil
  • Calquera residuo que, polo seu tamaño, non poida depositarse nos colectores da rúa
  • Material inerte procedente de pequenas obras domésticas
  • Esprais
  • Tubos fluorescentes
  • Pilas
  • Baterías
  • Aceites usados
  • Medicamentos
  • Radiografías...
  • Restos de poda e céspede domiciliarios

 

Residuos que non se poden deixar nun Punto Limpo:

 

  • Materia orgánica: usualmente a súa recollida selectiva está prevista para ser levada a cabo a través de colectores específicos instalados nas rúas dos municipios.
  • Residuos industriais de grandes e medianas empresas: as grandes e medianas empresas xa teñen establecido un sistema correcto de xestión dos residuos que producen.
  • Residuos radioactivos

  

Horario

 

De luns a venres

 

Sábados

De 17.00-21.00 h

 

De 10.00-14.00 e de 16.00-20.00 h

 

 

axenda

calendario
mes anterior xuño | 17 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss