galego | español
texto grande
buscar

 

Educación de persoas adultas

 

O Concello do Grove pon en funcionamento no curso 2011-2012 un novo programa de educación de persoas adultas, que substitúe o anterior, e que se centrará nunha liña de axudas económicas que están destinadas a incentivar que as persoas maiores de 18 anos acaden un título.

 

Estas axudas para o estudo estarán destinadas a aquelas persoas que superen con éxito as probas oficiais para a consecución do título de graduado en educación secundaria obrigatoria no centro de Educación Permanente de Adultos (EPA) de Pontevedra, tal e como se viña facendo ata o de agora.

 

As axudas outorgaranse unha vez que o alumno ou a alumna acade o título, independentemente da convocatoria que sexa, e permitirán sufragar os gastos de asistencia a unha academia local durante o cuadrimestre que dura a preparación de cada módulo. Os únicos requisitos que se solicitarán serán, ademais de superar con éxito os módulos, non superar uns ingresos máximos, estar empadroado ou empadroada no Grove e presentar as facturas da academia local de catro meses por módulo superado. O curso ten unha duración de oito meses e está estruturado en dous cuadrimestres, de novembro a febreiro e de marzo a xuño, nos que se atenden os catro cursos da educación secundaria de adultos (ESA).

 

Para presentarse ás probas non é preciso acudir previamente ás clases, senón que os exames poden prepararse por libre. Pero se para o alumnado é máis doado recibir unhas clases de apoio, as axudas pretenden cubrir esa necesidade.

 

Bases polas que se rexerán as axudas para incentivar a obtención do graduado en ESO de persoas adultas 2012 

 

Convocatoria de probas libres Educación para Adultos 2013

 

 

 

axenda

calendario
mes anterior abril | 17 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss