galego | español
texto grande
buscar

O arquivo municipal é o lugar onde a Administración local reúne, conserva, organiza e pon á disposición dos cidadáns e investigadores os documentos que dan testemuño dos feitos acontecidos ao longo da nosa historia.

 

O arquivo municipal do Concello do Grove é un arquivo vivo, que recibe os documentos que xeran as diferentes oficinas municipais nos seus procesos administrativos.

 

Situación

Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey

Rúa Monte da Vila, 11

36980 O Grove Teléfono: 986 732 341

Ver mapa

 

Funcións

 

  • Custodiar os documentos xerados ou recibidos polo Concello no transcurso da súa xestión.
  • Tratar tecnicamente a documentación con traballos de control, clasificación, ordenación, selección, descrición documental co fin de recuperar, mediante inventarios ou catálogos, a información contida nos documentos.
  • Servirlles a documentación e proporcionarlles a información contida nos expedientes, documentos, proxectos, etc. ás dependencias municipais que soliciten antecedentes, aos cidadáns e aos investigadores e historiadores; respectando as limitacións de acceso aos documentos consideradas nas leis.

 

Co obxectivo de facilitar a difusión e a preservación da riqueza documental e patrimonial do noso concello, estanse a realizar labores de dixitalización do material arquivístico local.

 

Horario: para a consulta de documentos cómpre solicitar con anterioridade unha autorización na Casa do Concello.

axenda

calendario
mes anterior agosto | 17 mes próximo
LMMXVSD
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss