Os servizos de Intervención, Tesourería e Recadación, dependentes das concellerías de Economía e Facenda, encárganse da administración financeira do concello.
Actividades do servizo de Intervención:
· Fiscalizar todos os actos, documentos e expedientes que teñan lugar o recoñecemento de dereitos e obrigas de carácter económico.
· Ordenar os ingresos e pagamentos que se derivan dos actos anteriores.
· Intervir os ingresos e fiscalizar todos os actos de contido económico.
Pola súa vez, o servizo de Tesourería ten por obxecto as seguintes funcións:
· Manexar e controlar os fondos, valores e efectos do concello.
· Realizar os cobramentos e os pagamentos que lle corresponden ao concello.
O servizo de Recadación encárgase do cobramento dos tributos, prezos públicos e outros ingresos.
Enderezo |
Edificio administrativo municipal Rúa Xacobe Barral Otero, 3 36980 O Grove |
Teléfono |
986 730 975 |
Horario de atención |
De luns a venres, de 9.00 a 14.00 h |