galego | español
texto grande
buscar

Economía e Facenda

CALENDARIO FISCAL 2015

 

Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM)

O imposto sobre vehículos de tracción mecánica, popularmente coñecido como "rodaxe", é un tributo directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.

  

Imposto sobre bens inmobles (IBI)

O imposto sobre bens inmobles, comunmente coñecido como “contribución”, é un tributo directo de carácter local que grava a titularidade e dereitos reais que teñamos sobre calquera ben inmoble (casa, piso etc.).

Imposto sobre actividades económicas (IAE)

O imposto sobre actividades económicas é un tributo directo de carácter real cuxo feito impoñible está constituído polo exercicio en territorio nacional de actividades empresariais, profesionais ou artísticas.

Taxa por entradas de vehículos a través das beirarrúas e reserva de espazo para estacionamento, carga e descarga

O feito impoñible desta taxa é a utilización privativa ou o aproveitamento especial do domino público municipal con entradas de vehículos a través das beirarrúas (o que popularmente se coñece como “vaos” ou “pasaxes”).

 

Taxa pola recollida de lixo

 

A taxa pola recollida de lixo, de recepción obrigatoria, establécese pola prestación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal do Grove, o seu transporte aos centros de eliminación e posterior tratamento.

 

 

Taxa pola subministración de auga

 

Establecida pola distribución de auga potable a domicilio, ou o enganche de liñas á rede xeral e a colocación e utilización de contadores.

 

 

Sumidoiros e depuración de augas residuais

 

Canon de saneamento da Xunta de Galicia

 

O canon de saneamento é un tributo da Xunta de Galicia destinado ao financiamento das infraestruturas, mantemento e explotación dos diferentes sistemas de saneamento da Comunidade Autónoma, entre as que se inclúen redes de colectores, estacións de bombeo, plantas de tratamento e outras instalacións.

  • Período voluntario de ingreso: do 5 de febreiro ao 5 de abril de 2015 (2.º semestre 2014)

 

 

xaneiro

febreiro

marzo

abril

maio

xuño

xullo

agosto

setembro

outubro

novembro

decembro

IVTM      

 

               
IBI                 1 setembro-31 de outubro 2015    
IAE                    
Vaos      

 

               
Taxa lixo             4 xullo - 7 setembro 2016      
Taxa auga   5 febreiro-5 abril 2015 (2.º sem. 2014)            
Sumidoiros e depuración de augas residuais   5 febreiro-5 abril 2015 (2.º sem. 2014)    

 

   
Canon saneamento Xunta   5 febreiro-5 abril 2015 (2.º sem. 2014)          

 

(*) Previsión do calendario fiscal, suxeito a posibles modificacións.

 

 

axenda

calendario
mes anterior setembro | 17 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss