galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Juventud

miércoles, 19 de abril de 2017
"[GALEGO] Acción de Verán 2017 (campamentos de verán)"
foto
[GALEGO]

 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Grove informa de que está aberto ata o 2 de maio o prazo para solicitar os Campamentos de Verán convocados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria a mocidade galega residente en Galicia que non padeza ningunha enfermidade transmisible con risco de contaxio nin trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia. En canto ás idades mínima e máxima, cómpre destacar:

  • As persoas nadas no ano 1999 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • As persoas nadas no ano 2008 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio.

Este programa terá lugar nos meses de xullo, agosto e setembro, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas.

 

As solicitudes poden ser individuais ou múltiples (no caso de 2, 3 ou 4 irmáns). Cada mozo/a só pode cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades.

 

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: sede. xunta.gal. Opcionalmente tamén se poderán presentar en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas utilizando o formulario normalizado.

 

Os beneficiarios do carné xove terán un desconto do 25 % e as familias numerosas do 50%.

 

Outras actividades do Programa Acción de Verán

Máis información>:  

- CAMPOS DE TRABALLO: actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc. Hai actividades para mozos/as de 14-30 anos.

 

- ACTIVIDADES PARA MOCIDADE DE 18-30 ANOS: a reserva pódese facer por teléfono, a partir do 18 de abril nos servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social de Lugo e Ourense. Un vez feita a reserva hai 48 horas fará facer efectivo o pago e pagar a cota de participación.

- CAMPAMENTOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE (Prazo ata o 2 de maio).

  • Os participantes deberán ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos.
  • Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

 

 
Galería:
 

agenda

calendario
mes anterior junio | 17 mes próximo
LMXJVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss