galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdad y Sanidad

lunes, 13 de noviembre de 2017
"[GALEGO] O Concello do Grove mantén unha ampla programación no 25-N"
[GALEGO]

As actividades desenvólvense durante todo o mes de novembro e buscan visibilizar o grave problema da violencia machista.

 

O Concello do Grove continúa coas actividades en torno á conmemoración do Día Internacional pola eliminación das violencias cara ás mulleres o vindeiro 25 de novembro. Neste contexto as “Xornadas Coeducando na diversidade e no bo trato. Fortalecendo redes comunitarias para o cambio” levan desenvolvéndose dende o mes de outubro e continuarán ata decembro. As referidas xornadas incluíron os “Obradoiros de Sexualidade” co alumnado dos CEIP e os IES do Grove e mesas de traballo co profesorado dos centros educativos para a prevención e actuación ante as violencias machistas, agresións e acoso. Ademais diso o pasado 4 de novembro celebrouse un obradoiro de “Empoderademento erótico” e está prevista a celebración dos relativos a “Autodefensa feminista” entre o 2 e o 16 de decembro en horario de 17.00 a 20.00 horas na Casa da Cultura.

 

Durante este mes, as Xornadas tamén continuarán cos obradoiros “Pedagoxía Queer. Sexos, xéneros e desexos disidentes en educación” que se celebrará o 16 de novembro de 17.00 a 20.00 horas na Confraría de Pescadores do Grove. O 23 de novembro no mesmo horario e tamén na Confraría terá lugar o “Laboratorio de masculinidades. Masculinidades e homes diversos. Botas fóra os micromachismos” e os luns 20 e 27 de novembro de 16.00 a 20.00 horas na Casa da Cultura do Grove “Contacontos dende a perspectiva de xénero e alén do xénero”. Todas estas actividades están abertas a todas as persoas interesadas e pode dispoñerse dun espazo de conciliación no caso daquelas persoas que queiran participar e teñan responsabilidades familiares. Está prevista a homologación das xornadas por parte da Consellería de Educación. As inscricións tramítanse a través do Centro da Información á Muller (CIM) do Concello.

 

Actividades do 25N

 

Ademais de todo isto, tamén se conta cun programa de actividades específico para o sábado 25 de novembro. Deste xeito, o Consello Local de Igualdade reunido esta semana consensuou un manifesto que será lido ás 10.00 horas diante da Casa do Concello. A continuación realizarase unha andaina solidaria contra a violencia de xénero que terá como percorrido: praza do Corgo, Paseo de Lordelo, Terra de Porto, avenida do Conde, Virxe das Mareas, O Porto de Meloxo, avenida de Portugal, Luis A. Mestre, Xoán XXIII, Tenente Domínguez, Paseo de Confín e regreso á Praza do Corgo. Anímase aos participantes da andaina a que leven unha prenda negra ou morada como recordo de todas as mulleres que sofren algún tipo de violencia.

 

Finalmente, ese mesmo día ás 21.00 horas a Carpa Institucional acollerá a proxección do Ciclo de Curtas contra a Violencia de Xénero coa colaboración de CortoEspaña.

agenda

calendario
mes anterior noviembre | 17 mes próximo
LMXJVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss