As obras comezaron onte martes e o Grupo de Goberno revisounas en persoa esta mañá.
O Concello do Grove acaba de poñer en marcha unha obra de mantemento do Paseo de Lordelo que supón a limpeza do óxido e a mellora dos tubos de peche deste espazo. O mal estado destes estaba provocando a deterioración da pedra da balaustrada, ademais do conseguinte risco de oxidación dos materiais de seguridade do paseo. Deste xeito o Concello emprendeu esta semana una actuación que supón a retirada de todos estes elementos para, posteriormente, realizarlle un tratamento para garantir o seu bo mantemento. Unha vez retirados estase eliminando os restos de óxido da pedra e ao seren colocados no seu lugar os tubos serán adecuadamente pintados.
Trátase dunha obra moi demanda polos veciños e veciñas da zona e os membros do Grupo de Goberno achegáronse esta mañá á zona para informarse dela ao tempo que revisaban a evolución dos traballos da avenida dos Irmáns Otero Goday, onde Portos puxo en marcha a construción das beirarrúas na zona coñecida como O Con das Señoritas.