galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Turismo

lunes, 1 de octubre de 2018
"[GALEGO] O Concello do Grove concede as Centolas de Ouro 2018"
foto
[GALEGO]

Cristina García, Joaquín Ángel Triñanes Fernández, o Hotel Bosquemar e a Asociación de Amigos da Dorna Meca son os galardonados este ano.

 

Logo da reunión mantida a pasada semana polo Consello Local de Turismo e unha vez analizadas as propostas, o Concello do Grove comunicoulles aos premiados a concesión do galardón. Seguindo a dinámica habitual, son dous premios individuais e dous colectivos que recoñecen a traxectoria vital e profesional daqueles que contribúen ao desenvolvemento social do Grove e, especialmente, no relativo ao sector turístico, pero tamén en mellorar a nosa realidade e a nosa contorna.

 

No ano 2018 foron designados os seguintes premios Centolas de Ouro:

 

Cristina García López. Inda que non naceu no Grove, leva sendo veciña da noso nosa vila desde os dous anos. A xornalista Cristina García cursou estudos na Universidade de Santiago de Compostela e axiña comezou a traballar na TVG. Alí fíxose coñecer en programas como "A Tarde", con Ana Kiro ou no “Bos días”, traballando na actualidade en especiais como a retransmisión dos fogos do Apóstolo Santiago. Tamén desde o comezo da súa carreira profesionais estivo presente na Radio Galega, sendo nos últimos oito anos, directora e presentadora do programa “A Tarde”. Na actualidade exerce como directora de Programas da cadea de radio autonómica. Debe destacarse que Cristina García se converteu nunha embaixadora do Grove, prestando especial cariño e atención a todo o que ten que ver coa nosa localidade con especial coidado á súa promoción turística.

 

Joaquín Ángel Triñanes Fernández. Profesor do Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela, ademais da súa función como docente desta universidade, desenvolve un importante traballo de investigación, desempeñando un papel de grande importancia no National Oceanic and Atmospheric Administration (Administración Nacional Oceánica e Atmosférica – NOAA). Investigador colaborador na Universidade de Miami e administrador de operacións interino de CoastWatch, ten desesenvolto traballos destinados a averiguar o risco de infección bacteriano que existe nos diversos océanos do mundo. En 2017 recibiu a medalla Deny por un artigo no que analizaba as traxectorias dos restos do Boeing 777-2000 que o 8 de marzo de 2015 desapareceu no Índico. A precisión do sistema é tal que pode calcular a temperatura na superficie da auga a resolucións menores de 1 km cunha precisión de 0,1 graos. Ademais disto, a súa tese de doutoramento tiña claras aplicacións pesqueiras ao deseñar un método que detectaba as condicións oceanográficas óptimas para a concentración de túnidos, sendo un sistema aplicable a outras especies, coma a sardiña.

 

Hotel Bosquemar. As Centolas de Ouro recoñecen tamén un dos establecementos de hostalería senlleiros da localidade. O Hotel Bosquemar nace, como a meirande parte dos hoteis e restaurantes da localidade, dunha iniciativa familiar e cos recursos iniciais das “casas de hóspedes” que se tiñan desenvolto especialmente vencelladas ao turismo termal pero que axiña se estenderon por todo o municipio. Co paso dos anos, o Bosquemar é unha referencia nos aloxamentos da zona de San Vicente. Este establecemento foi un dos primeiros de Galicia en lucir o distintivo “Q” de calidade turística, converténdose en 2016 no primeiro hotel en conquerir a garantía “Galicia Calidade”, ofrecendo os servizos e atención que dela se derivan. Debe destacarse tamén o seu traballo no vinculado ao destino “pet friendly” que xa é O Grove, sendo un hotel recomendado por webs como Dog Vivan e Viajes 4 patas. En todo momento, o compromiso do Bosquemar co desenvolvemento turístico global da localidade resulta claro e constante, recibindo este ano a Centola do Ouro.

 

Amigos da Dorna Meca. O Concello do Grove quere recoñecer a importancia do traballo desenvolto pero esta asociación na defensa do patrimonio cultural marítimo. O seu traballo dou comezo nos primeiros anos da década dos oitenta da man dun grupo de amigos interesados na difusión e recuperación da cultura mariñeira que se xuntaron para volver a organizar regata de dornas de vela na nosa vila, que levaban case 30 anos desparecidas. Deste xeito, pouco a pouco, foron recuperando unha forma tradicional de navegación. A asociación constituíse oficialmente no 1987 e cordinou e participou en multitude de exposicións, xornadas e coloquios sobre cultura mariñeira galega. No ano 1993 os Amigos da Dorna Meca colaboraron na fundación da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, referente na recuperación e promoción do patrimonio marítimo e fluvial galego. Durante o ano 1995, a asociación consegue recuperar unha embarcación emblemática da nosa ría, a dorna meca, que tiñan desparecido da ría. Ademais disto, no ano 1997 organizan os III Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia. A Centola de Ouro recoñece unha longa traxectoria de traballo a prol da cultura e un especial compromiso coa promoción e divulgación do Grove e as súas potencialidades turísticas.

 
Galería:
 

agenda

calendario
mes anterior diciembre | 18 mes próximo
LMXJVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss