galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Turismo

jueves, 4 de octubre de 2018
"[GALEGO] A Cociña en Vivo da Festa do Marisco acada o máximo nivel coa presenza dos Cociñeiros Mahou"
[GALEGO]

 

A Festa do Marisco do Grove arranca esta tarde convertendo a praza do Corgo un ano máis no “comedor de Europa”. Dentro da ampla programación cultural posta en marcha polo Concello do Grove, destacan as actividades que reivindican a gastronomía como o principal eixe desta Festa. Mahou, como un dos principais patrocinadores do evento, colabora nesta LV edición coa posta en marcha de sesións de cociña en vivo que completa a oferta propia do evento.

 

Da man de Mahou, a carpa institucional converterase no epicentro da innovación gastronómica, na que destacados Cociñeiros Mahou galegos compartirán co público os segredos da súa cociña nos distintos showcookings. Na súas exhibicións os chefs convidados amosarán as amplas posibilidades culinarias do marisco, máis aló das receitas tradicionais, e ofrecerán unha tapa como mostra para a súa degustación, tapa que os asistentes poderán acompañar con Mahou.

 

O chef Sergio Musso, de Eclectic abrirá a Cociña en Vivo de Cociñeiros Mahou o luns 8 de outubro a partir das 17.30 horas. O martes 9 e o mércores 10 á mesma hora será Lucía Freitas de La Tafona e Bruno Pena Arnau de A Horta de Paula os que, respectivamente, realizaran senllas demostrascións. Por último, o venres 12 e o domingo 14 ás 11.30 horas será Álvaro Victoriano de Peculiar e Carlos Barreira, de Bocarte, os que pecharán a oferta de Mahou.

 

A colaboración de Mahou, un ano máis, na Festa do Marisco, enmárcase na aposta da marca pola cultura e o ocio co obxectivo de compartir experiencias innovadoras, algo no que coincide co espírito da Festa do Marisco, que se ten convertido en referencia internacional da tradición e a innovación.

 

 

Cociñeiros locais na Cociña en Vivo

 

A espectacular oferta da Cociña en Vivo desta edición da Festa complétase coa presenza dos cociñeiros locais que este ano estarán presentes na coñecida carpa dos petiscos. Así, o sábado e domingo 6 e 7 poderemos asistir ás demostracións de cociña de Lorena Moldes (A Tapería e Pan de Millo) e de Damián Alfonso, do Mesón A Costa. Tamén se contará coa presenza do Cociñeiro da Festa do Marisco, Paco Caneda, quen falará dos petiscos que se deseñaron para os postos do Concello do Grove.

agenda

calendario
mes anterior diciembre | 18 mes próximo
LMXJVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss