galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Xuventude

luns, 20 de marzo de 2017
"O Concello do Grove recolle solicitudes para o Campamento de Verán da Lanzada organizado pola Deputación"

Ata o 30 de marzo facilitarase información e recollerase de documentación para o Programa Depoaventura que se celebrará este verán na Lanzada.

 

O Concello do Grove, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), está recollendo as solicitudes para participar no programa Depoaventura na Lanzada co fin de tramitalas perante a Deputación de Pontevedra. Ata o 30 de marzo as persoas interesadas poden introducir os datos na solicitude en liña que está dispoñible na web www.depo.es e imprimila para presentar xunto coa correspondente documentación nas oficinas da OMIX situadas no 2º andar do edificio administrativo do Concello. Ademais disto, as persoas que desexen optar ás prazas subvencionadas (casos de exclusión social) poderán facelo a través dos Servizos Sociais do Concello.

 

Poderán participar nestes campamentos organizados pola Deputación de Pontevedra os nenos e nenas que naceran entre o 2004 e 2009 (ambos inclusive) e que estean empadroados en calquera concello da provincia de Pontevedra. Os cativos non poden padecer enfermidades infecto-contaxiosa en fase activa e non poderán participar menores en situación de tutela ou garda pola Administración. Os campamentos terán lugar entre o 25 de xuño e o 9 de setembro e realizaranse 11 quendas de sete días de duración cada unha. O custo do campamento é de 100 euros por rapaz e 80 para membros de familias numerosas pudendo concederse subvencións do 100% nos casos de exclusión social valorados polos servizos sociais.

axenda

calendario
mes anterior xuño | 17 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss