galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Benestar Social

xoves, 18 de maio de 2017
"Programa de Turismo Social para maiores do Imserso"

 

Solicitantes:

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
  • Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.

 

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.

 

Modalidades:

Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2017 e xuño de 2018, segundo a modalidade:

 

  • Zona Costeira Peninsular: Andalucía, Catalunya, Comunitat Valenciana e  Murcia.
  • Zona Costeira Insular: Canarias e Illes Balears.
  • Turismo de Interior, coas seguentes actividades:

o        Circuitos Culturais.

o        Turismo de Natureza.

o        Viaxes a Capitais de Provincia.

o        Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

 

Prazo de presentación:

Ata o 7 de xuño de 2017. Concluida esta primera fase, o prazo de presentación de solicitudes manterase aberto a partir do 8 de xuño de 2017, rematando o luns 26 de febreiro de 2018, para cubrir as posibles vacantes que se puidesen producir.

Máis información

  • No teléfono 901 109 899 IMSERSO. De luns a venres de 9 a 18 horas.
  • SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS

 

PREZOS>

 

SOLICITUDE>

 

 

 

axenda

calendario
mes anterior novembro | 17 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss