galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Educación

mércores, 13 de setembro de 2017
"O Concello do Grove abre o prazo de inscrición para a actividade natación para os cativos"

 

A actividade desenvolverase os martes e os venres na Piscina Municipal de Cambados.

 

O Concello do Grove segue coa posta en marcha das actividades vencelladas coa educación dos máis pequenos. Esta mesma semana ponse en marcha a actividade de natación que está dirixida aos nenos e nenas empadroados no Grove de entre 3 a 12 anos e que busca a súa familiarización co medio acuático ademais da iniciación nos  distintos estilos de natación.

 

A actividade consiste en clases de natación os martes e venres na Piscina Municipal de Cambados, en dous grupos de 30 rapaces (60 prazas en total). A clases comezarán no mes de outubro e rematarán en xuño. Os horarios serán de 17.00 a 17.45 os martes, con saída do autobús ás 16.00 horas e paradas en Ardia, O Corgo, Terra de Porto e As Cortiñas, e os venres de 16.15 a 17.00 con saída dos autobús ás 15.25 e con paradas do autobús no mesmo percorrido que os martes.

 

Os interesados en participar deberán aboar unha matrícula de 15 euros por gastos de xestión e contratación do seguro e procederase logo ao pagamento de mensualidades de 12 euros. As inscricións faranse a partir do vindeiro luns 18 na Biblioteca Pública Municipal do Grove en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas. As prazas, que son limitadas, outorgaranse por rigorosa orde de inscrición entre os nenos e nenas que cumpran os requisitos esixidos.

 

axenda

calendario
mes anterior novembro | 17 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss