galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Turismo

mércores, 11 de outubro de 2017
"A Festa do Marisco acolle a I Mostra de Emprededor@s "

A mostra abre as súas portas hoxe mércores.

 

Logo de que a Feira de Descontos “Grovestock” organizada por Emgrobes a primeira fin de semana da Festa do Marisco chegara ao seu fin, os emprendedores locais toman o relevo na zona comercial do recinto. Trátase dunha iniciativa xurdida para sacarlle partido ás instalacións da anterior Feira e ten como obxectivo dar a coñecer as experiencias que emprendedores locais están poñendo en marcha. Así, trátase de pequenas empresas de artesanía ou produtos de deseño que ou ben levan menos dun ano de actividade ou non contan con local.

 

Deste xeito son oito os expositores con posto específico aos que se engaden dous máis que poñerán o seu servizo en exposición e un espazo para dar a coñecer o Festival benéfico “Coas mans nos pés”, que se celebrará a fin de semana posterior á Festa do Marisco. Na Mostra haberá produtos téxtiles, de decoración, de artesanía e incluso libros. Deste xeito continúase co traballo de dinamización comercial que o goberno local xa tiña iniciado con propostas como os locais de emprendemento da praza de abastos.

 

A inauguración da mostra terá lugar hoxe mércores ás 17.30 horas contando coa asistencia do alcalde e de membros da corporación.

axenda

calendario
mes anterior decembro | 17 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss