galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

xoves, 8 de febreiro de 2018
"O Concello do Grove completa a formación en Soporte Vital Básico e manexo de DESA"
foto
Imaxe da derradeira sesion de fomación

Nas vindeiras semanas instalaranse 4 equipos de desfibriladores nos Colexios do Grove.

 

O Grove, 8 de febreiro de 2018. O pasado martes celebrouse a última sesión formativa sobre Soporte Vital Básico e manexo de DESA destinada a formación inicial ou reciclaxe de persoas vinculadas coas instalacións deportivas, culturais e deportivas do Grove. Nesta ocasión foron 14 docentes dos colexios da vila os que participaron no curso, 14 de persoas que se suman ás máis de 70 que, a día de hoxe, teñen recibido esta preparación.

 

Tal e como se ven informando, a intención do Concello e contar con recursos técnicos e humanos adecuados para facer do Grove un espazo cardioprotexido. Para conseguir este obxectivo debe realizarse un especial esforzo no relativo ao mantemento dos equipos (todos os DESA dispoñibles no concello están actualizados) e na reciclaxe das persoas que se teñen preparado para facer uso dos mesmos ou que contan con formación en Soporte Vital Básico.

 

Deste xeito, as persoas formadas nesta última sesión atenden a un espazo tan importante como os colexios públicos. Nas vindeiras semanas instalaranse catro DESAS nos catro colexios da localidade o que supón que a totalidade das instalacións públicas dependentes do Concello xa son espazos cardioprotexidos conseguindo facer real este obxectivo nun prazo de menos de dous anos. 

 
Galería:
 

axenda

calendario
mes anterior maio | 18 mes próximo
LMMXVSD
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss