galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Medio Ambiente

venres, 8 de xuño de 2018
"O Grove enche tres autobuses para acudir á manifestación contra a Mina de Touro este domingo"
foto

 

O Concello do Grove e a Confraría puxeron á disposición das persoas interesadas transporte para asistir á manifestación en Santiago.

 

O Concello do Grove ten habilitado un autobús, ao que se suman outros dous postos pola Confraría de Pescadores de San Martiño do Grove, para acudir este domingo á manifestación convocada pola Plataforma veciñal “Mina de Touro-O Pino Non” contra o proxecto de mina nese lugar. A protesta terá lugar na cidade de Santiago de Compostela este domingo, 10 de xuño, ás 12.00 horas. O punto de encontro é a alameda.

 

A preocupación existente no Grove con respecto á mina queda patente na rapidez coa que se completaron os tres autobuses. Os puntos de saída dos autobuses serán Amegrove e o porto do Grove, de onde sairán ás 9.30 horas.

 

Desde o Concello do Grove tense manifestado o total apoio a esta loita. O pasado 26 de febreiro foi o propio patrón maior da confraría do Grove quen presentou ante o Pleno unha moción en contra da mina, moción que foi aprobada por unanimidade de todos os grupos. O alcalde do Grove e membros do Goberno local trastaldaranse o domingo a Santiago en apoio a esta manifestación e en contra da mina.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss