galego | español
texto grande
buscar

Noticias

viernes, 10 de febrero de 2023
"[GALEGO] PLAN CONCELLOS 2023. LIÑA 3 EMPREGO"
[GALEGO]

A Deputación de Pontevedra ven de concederlle ao Concello do Grove unha  subvención para a contratación de 19 persoas desempregadas inscritas no servicio público de emprego, sempre respetando a preferencia na contratación dos colectivos mais desfavorecidos, a través da Liña 3 Emprego, dentro do Plan Concellos 2023.

As 19 persoas corresponden a 6 peóns de obras públicas, 5 peóns forestais, 2 peóns de xardinería, 2 condutores, 2 auxiliares administrativos, 2 animadores socioculturais. Todos con contrato por 6 meses a xornada completa.

As ofertas tramitaranse a través da oficina de emprego do Servizo Público de Emprego, polo tanto as persoas interesadas deben inscribirse na Oficina de Emprego de Cambados nos códigos dos postos que se indican no cadro ao pé de páxina ata o 16 de febreiro.

As persoas contratadas veñen a reforzar os servizos municipais para execución de diversas obras e servizos de recuperación de zonas degradas, traballos recuperación mobiliario urbano, espazos forestais, mellora no servizos administrativos e culturais Tanto na zona urbana como rural.

OCUPACIÓNS

CATEGORÍA PROFESIONAL

CÓDIGO OCUPACIÓN

6 PEÓNS OBRAS PÚBLICAS

96011029

 

 

5 PEÓNS FORESTAIS

95431028

 

 

2 PEÓNS XARDINARÍA

95121019

 

 

2 CONDUTORES/AS CAMIÓN

84321042

 

 

2 AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/AS

43091029

 

 

2 ANIMADORES/AS SOCIOCULTURAIS

37151038

 

Requisitos de acceso específicos para cada posto:

 

-6 peóns de obras públicas duración contrato 6 meses a xornada completa.

 

-5  peóns forestais duración contrato 6 meses xornada completa prioritariamente con formación no ámbito forestal, prevención de riscos específico na ocupación.

 

-2 peóns xardinaría duración contrato 6 meses xornada completa prioritariamente con formación no ámbito da xardinaría, ciclos de F.P. ou certificado de profesionalidade na ocupación.

 

-2 condutores/as camión duración contrato 6 meses xornada completa con carné de conducir C e CAP en vigor.

 

-2 auxiliares administrativos/as duración contrato 6 meses xornada completa, formación mínima en Ciclo Medio en Xestión Administrativa ou FP1.

 

-2 animadores/as socioculturais duración contrato 6 meses xornada completa, prioritariamente con formación mínima monitor/a de tempo libre

 

Webcam en Directo

agenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss