galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

venres, 5 de xullo de 2019
"O Concello do Grove iniciou esta semana o programa cultural para os meses de verán"
foto

 

As dúas primeiras actividades realizadas acadaron un considerable éxito de público

 

O Concello do Grove acaba de poñer en marcha a programación cultural para os meses de verán, que contou cunha extraordinaria resposta por parte da poboación.

 

O mércores tivo lugar a proxección da película de animación “Ralph rompe Internet”, que congregou un bo número de familias, cerca de 100 persoas puideron gozar da película e da proxección de curtas.

 

O xoves, A Banda do Sequío inaugurou o ciclo Xoves Musicais abarrotando a praza do Corgo desde o primeiro minuto. O concerto, que comezou ás 21.30 h, estendeuse durante  máis de dúas horas entretendo e facendo cantar e bailar o público asistente.

 

As actividades continuarán a vindeira semana con novas propostas, o martes terá lugar a primeira sesión de Contos a pé de rúa coa obra “Amoriños contei”, de Tarabelos, dirixida a público familiar. Nesta obra utilízanse diferentes técnicas para chegar e entreter ao público: contacontos, monicreques de boca, mesa, luva e variña, escenografía e ilustración.

 

O mércores unha nova proxección de cine na rúa do Hospital. A película “Campeones”, inspirada na historia do equipo de baloncesto Aderes Burjassot, formado por personas con discapacidade intelectual, que gañou doce campionatos de España entre 1999 e 2014.

 

Xa o día 11 o ciclo Xoves Musicais traeranos un novo concerto dos Beyer Boys, que entreterán o público asistente cos seus temas.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 19 mes próximo
LMMXVSD
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss