galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

luns, 5 de agosto de 2019
"O Concello do Grove continúa no mes de agosto coa programación cultural"

Durante toda a semana desenvolverase unha intensa programación cultural.

 

O Concello do Grove continuará durante o mes de agosto coa programación cultural do verán. Ao longo desta semana a programación cultural volve ser moi intensa, con novas e variadas propostas para todos os públicos.

O martes 6 de agosto terá lugar unha nova sesión de contacontos e monicreques na rúa Alcalde Xacobe Barral, coa representación de O Galo Quirico e os seus amigos, a cargo de Viravolta Títeres, dirixida a público familiar. En caso de mal tempo, a actividade desenvolverase na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

O mércores 7 de agosto, a partir das 22.00 horas na rúa de Santo Antonio, haberá unha nova sesión de Cinemas de Verán coa proxección de El regreso de Mary Poppins, película recomendada para todos os públicos. En caso de mal tempo, a proxección trasladarase ao salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

O xoves 8 de agosto, a partir das 21.30 h, na praza do Corgo, concerto de Otero & Romero, que interpretarán os temas do seu disco Enxebre, cancións populares de Galicia a ritmo de jazz e samba dentro do ciclo Xoves Musicais. En caso de mal tempo, o concerto terá lugar na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

O venres 9 de agosto, dentro do programa ‘Ler Conta Moito’ desenvolverase na Axencia de Lectura de San Vicente un obradoiro de sombras chinesas e narración oral galega a cargo de Olga Abad.

Xa o sábado 10 de agosto, dentro do ciclo  “Con Voz de Muller”, terá lugar na rúa Castelao a actuación do grupo local Cinco en Zocas, a partir das 21.00 h.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 19 mes próximo
LMMXVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss