galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

martes, 3 de setembro de 2019
"O Concello do Grove organiza unha nova programación cultural para este mes: ‘Setembro, cultura e ocio’"
foto
Cartel das actividades

O programa contará con exposicións, maxia interxeracional, festival de curtas infantís e contacontos. 

 

O Concello do Grove ofrecerá durante este mes unha nova programación cultural denominada “Setembro, cultura e ocio”, que contará con novas e variadas propostas co fin de facer máis levadeiro o comezo do curso escolar e a fin das vacacións.

 

O mércores 4 de setembro inaugurarase na contorna de Punta Moreiras a exposición “Vento nas velas”, financiada pola Deputación de Pontevedra. Trátase dunha exposición fotográfica de carácter didáctico ideada e creada polo fotógrafo Xurxo Lobato, pensada para expoñer ao aire libre e co obxectivo de achegarlle ao público a cultura marítima da nosa provincia, empregando como medio cinco cubos de dous metros de altura con textos e fotografías do libro do mesmo nome e autoría. Esta exposición poderá visitarse ata o domingo 13 de outubro.

 

O xoves 5 de setembro terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey a inauguración da exposición “Unha mirada de antano”, exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia, patrocinada por Afundación, obra social ABANCA. Unha impresionante selección de imaxes de Galicia que forman parte do conxunto de instantáneas que a pioneira das fotógrafas da institución neoiorquina The Hispanic Society of America realizou en Galicia entre os anos 1924 e 1926, acompañada polo seu pai, Alfred Theodore Anderson. Estas imaxes son procedentes do arquivo neoiorquino da prestixiosa institución, que posúe a maior colección de arte hispana fóra de España con máis de 18.000 pezas e que foi galardoada co Premio Princesa de Asturias no ano 2017.

 

0 13 e 14 de setembro terán lugar as actividades de dinamización lectora contra a violencia de xénero xa anunciadas anteriormente. O día 13, a biblioteca do Grove acollerá o contacontos teatral “O ratiño presumido”, a cargo ce Trinketrinke teatro, e o 14 de setembro, na Axencia de Lectura de San Vicente, o contacontos “Diagnosticando a igualdade”, a cargo de Caxoto.

 

O 15 de setembro, a partir das 18.30 h na rúa Castelao, levarase a cabo o Festivaliño. Trátase dun festival de curtas dirixido a público infantil a partir de 3 anos. Instalarase unha caravana convertida en minicine na rúa, onde se proxectará unha selección de curtas infantís. A rapazada entrará por grupos de 20 e, ao finalizar a proxección, entregaráselles unhas papeletas para que pidan votar as películas visionadas. O público participante poderá entrar as veces que o desexe para desfrutar das películas ofrecidas e facer as súas votacións.

 

Xa o 20 de setembro ás 18.30 h, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, desenvolverase o espectáculo “Maxia para net@s e av@s’ a cargo do coñecido mago Luigi Ludus. Un divertido espectáculo interxeracional único en España,  deseñado para que os avós e avoas poidan ir xunto cos seus netos e netas a gozar deste espectáculo no que toda a maxia que sucede pasa con obxectos que os maiores coñecen moito mellor: un teléfono de rosca, un quinqué, un abrelatas ou un tirataques. Aprenderemos que non todo foi sempre tan sinxelo, e todo iso, acompañado da maxia e do humor de Luigi Ludus.

 

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior setembro | 19 mes próximo
LMMXVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss