galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Turismo

martes, 8 de outubro de 2019
"O consumo de racións na Festa do Marisco mantense como en anos anteriores"
foto

 

As racións seguen a manterse nos números dos anos anteriores. Na xornada de onte luns acadouse a cifra de 7285 racións consumidas. O relevo de produto máis vendido colleuno o polbo; con 414 racións; seguido dos mexillóns, con 392 racións; do arroz de marisco, con 329; das empanadas, con 324; das navallas, con 270 ou as vieiras con 265. É de destacar que produtos con menos demanda como o percebe, a nécora ou o camarón están a repuntar este ano e, como o ano anterior, xa se acabou o cangrexo real.

 

Presentación do cartel da próxima Festa do Marisco

Ás 13.30 h tivo lugar a presentación do cartel que anunciará a próxima Festa do Marisco, nesta ocasión despregouse a lona co cartel da Cociña da Festa, na carpa degustación do mercado.

 

Concertos na Festa do Marisco

Esta noite actuará A Banda do Sequío, grupo local con varios anos de traxectoria e un público fiel ás súas intervencións na Festa.

 

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 19 mes próximo
LMMXVSD
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss