galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Educación

mércores, 22 de xaneiro de 2020
"A Escola de Música Municipal José Silva Torres iniciou as clases"
foto

A Escola de Música Municipal José Silva Torres iniciou o curso con máis de 40 alumnos inscritos.

 

O Concello do Grove informa que o pasado día 20 comezaron as clases de música na Escola de Música Municipal José Silva, con máis de corenta rapazas e rapaces inscritos. O presente curso as clases estenderanse ata o 20 de xuño, distribúense de luns a venres, en horario de tarde, e contan con varias modalidades, tales como Música e Movemento, para nenas e nenos de 4 e 5 anos; Linguaxe Musical, para rapazas e rapaces de ata 7 anos ou máis máis (divididos en grupos segundo o seu nivel), e clases de instrumento, entre os que se ofertan guitarra, violín, piano, percusión, violonchelo, clarinete e óboe, entre outros, sendo os máis demandados piano e guitarra.

 

Aínda quedan prazas libres e continúa aberto o prazo de matriculación. As persoas interesadas en matricularse poden facelo no Rexistro do Concello, situado no baixo do edificio administrativo municipal (rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3), onde deberán entregar debidamente cuberto un impreso, que poden retirar no propio rexistro, ou descargalo da páxina web do Concello (www.concellodogrove.es). No mesmo impreso poden consultar as normas de funcionamento e o prezo de cada actividade. Para máis información acerca das clases, horarios, etc., poden chamar ao número da Escola de Música (616 300 749) ou enviar un correo electrónico a esmuogrove@gmail.com.

 

Cómpre salientar que se trata dunha actividade con moi boa acollida desde os seus inicios e que ten unha gran demanda, incluso é moi probable que se amplíe o número de persoas matriculadas nos próximos días, o que indica a alta sensibilidade artística que hai no municipio do Grove. O Concello prevé trasladar a Escola de Música ao Auditorio Municipal, unha vez rematadas as obras, o que facilitará a asistencia de máis rapazada por contar cunhas instalacións máis amplas e mellor dotadas para a docencia musical.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior febreiro | 20 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss