galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Urbanismo

xoves, 2 de xullo de 2020
"O CONCELLO DO GROVE BUSCA UNHA SOLUCIÓN PARA OS GRAVES PROBLEMAS DA SUBMINISTRACIÓN DE AUGAS EN BEIRAMAR"

 

A canalización desta rúa, que se atopa nun estado moi malo, será definitivamente solucionada coas obras de desdobramento que comezarán en setembro.

 

Tal e como se tiña anunciado, a obra de desdobramento da calzada de Beiramar, que permitirá unha importante mellora no tránsito da localidade, foi aprazada para o mes de setembro co fin de evitar problemas durante os meses de maior presenza de turistas na nosa zona. Porén, tamén ten quedado constatado que as melloras na rede de subministración de auga resultan urxentes como resultado dun total abandono durante anos e tendo como punto de partida unha acometida incorrecta destas no seu momento. Deste xeito estamos observando con elevada frecuencia roturas e incidencias que, alén de deixaren sen abastecemento a moita veciñanza, requiren traballos continuos por parte dos servizos municipais de augas, que levan xa moito tempo alertando da precariedade desta situación.

 

Na obra para a mellora desta zona, unha das partidas fundamentais está destinada, precisamente, a renovar a rede de subministracións. Inda que os traballos non comecen ata dentro dun par de meses, o Concello negociou coa empresa adxudicataria durante os pasados días que se poña en marcha unha das accións recollidas no plan desta obra relativa á canalización de augas mediante unha tubaxe aérea provisional (que se colocará na fachada das vivendas) que permitirá que, se se producen roturas, non lle afecten á subministración durante estes meses. Debemos ter en conta que esta canalización provisional ía realizarse en setembro para retirar da zona toda a tubaxe antiga e en mal estado, polo que deste xeito xa é unha medida adiantada e, sobre todo, evita os problemas vividos nos meses anteriores. A empresa realizará esta acción (que non requirirá de maquinaría nin de roturas de pavimento) nos vindeiros días e este sistema manterase ata a execución correcta da tubaxe nas obras de setembro.

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior agosto | 20 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss