galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

xoves, 2 de xullo de 2020
"O CONCELLO DO GROVE AMOSA O SEU DESCONTENTO COA RESPOSTA SOBRE A SITUACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE NO VERÁN"

 

Os problemas do centro de saúde do Grove son sobradamente coñecidos dende hai xa demasiado tempo e resulta inadmisible que se vexan agravados durante o verán.

 

Logo da carta remitida polo Concello do Grove ao xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e do Salnés ante a precaria situación do centro de saúde do Grove, e como esta se ía ver agravada durante o verán, a resposta obtida non resulta, nin moito menos, tranquilizadora. Non se pode pasar por alto que non só se trata de atender as necesidades dunha poboación que se triplica durante o verán, senón tamén dun contexto marcado pola pandemia, a maior do último século, cun alto risco de rebrotes.

 

Non resulta, polo tanto, nada responsable que dende o Sergas non se prevexa inicialmente contar con reforzos para un dos principais polos turísticos de Galicia e que, a día de hoxe, se siga sen previsión de telos (máis aínda cando a localidade de Sanxenxo si dispón deles). A única solución presentada, tras a reclamación do Concello do Grove, suporía quitar recursos dun sitio para o outro, é dicir, sacar o médico que actualmente se atopa cubrindo unha baixa e cambialo para o posto de médico de desprazados (sen cubrir) tres días á semana, sen que se propoña ningunha solución para a quenda de tarde.

 

Debemos lembrar que nestas datas, dos sete médicos de adultos cos que conta o centro de saúde do Monte da Vila, un se atopa de baixa e dous contarán con vacacións, o que supón que os veciños e veciñas do Grove só disporán de catro médicos na temporada de verán. Ademais, estes profesionais terían que atender os desprazados dous días á semana. Todo isto nun momento en que o propio xerente da Área Sanitaria lles indicou aos medios de comunicación que “ser zona turística supón un maior risco de rebrote”, destacando que “estamos preparados”. Os datos indican todo o contrario.  

 

As consecuencias desta falta de esforzo sanitario poden ser nefastas para O Grove, polo que se reitera a reclamación e se esixe que a Xunta de Galicia revise os seus criterios e faga os esforzos debidos para garantir a saúde da cidadanía nun momento tan delicado. En primeiro lugar, non podemos perder de vista que os pacientes desprazados suporán un incremento do número de persoas que terán que atender os médicos, e vaise incrementar a lista de agarda. En segundo lugar, os visitantes que poidan importar virus (non contando agora mesmo con infeccións locais) terán que ser atendidos no mesmo espazo que os veciños e veciñas da localidade. En terceiro, e tendo en conta que a media de urxencias nos meses de verán no centro de saúde é dunhas setenta por día, a presenza dun único médico para este fin fará que o tempo de espera para a atención (co conseguinte risco) e as probabilidades de deixar o centro de saúde desatendido se multipliquen.

 

Dende o Concello do Grove demándanse explicacións para determinar responsabilidades por esta situación, contando con información clara sobre quen asumiu o feito de que non se reforzasen servizos médicos para unha localidade como O Grove, poñendo en risco a poboación residente e a visitante. Deberá terse en conta que, de producirse as máis que probables incidencias, alguén deberá asumir as responsabilidades pola neglixencia que isto suporía. O Concello do Grove declara como NECESARIA E URXENTE a solución deste grave problema reclamando da Xunta de Galicia responsabilidade ao respecto.

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior agosto | 20 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss