galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Seguridade

xoves, 30 de xullo de 2020
"O CONCELLO DO GROVE COMPLETA O PINTADO DAS RÚAS PEONÍS PARA INCIDIR NO CONTROL DE ACCESO DE VEHÍCULOS"
foto

 

Como xa se indicou nas pasadas semanas, a Policía Local intensifica os controis nestas zonas.

 

Tal e como se informou nas pasadas semanas, o Concello do Grove quere controlar adecuadamente as rúas peonís evitando o mal uso que os vehículos estaban facendo delas. Deste xeito téñense intensificado os controis policiais, dando lugar a numerosas sancións e apercibimentos, ao tempo que se puxeron en marcha outras medidas para sinalar de forma inda máis clara estas zonas. Así, hoxe mesmo rematouse o pintado de sinais indicativos de “zona peonil" de gran tamaño no acceso ás rúas Luis Seoane e Jaime Solá —precisamente as dúas con maior incidencia— para evitar que se produzan confusións.

 

Con esta sinalización, clara e visible, lémbrase que o acceso ás rúas peonís con vehículo está limitado aos usuarios de garaxes e residentes, e que se poderán realizar tarefas de carga e descarga no horario permitido e só para vehículos debidamente acreditados. A prioridade dos peóns e a velocidade dos vehículos non pode superar en ningún caso os 10 quilómetros por hora. Trátase, por tanto, de garantir que as persoas poidan circular de xeito cómodo e seguro e que estes espazos se convertan en zonas comerciais dinámicas e activas.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior novembro | 20 mes próximo
LMMXVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss