galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Seguridade

venres, 31 de xullo de 2020
"O CONCELLO DO GROVE INCORPORA CINCO NOVOS AUXILIARES DE POLICÍA"
foto

 

Deste xeito o municipio contará con 19 efectivos durante o mes de agosto. Infórmase, ademais, de que rematou o período informativo no relativo ás normas COVID e de que se comezará coas sancións, priorizando sempre a seguridade.

 

O Concello do Grove acaba de confirmar a contratación de cinco novos auxiliares de policía para os vindeiros meses. Estes efectivos súmanse aos xa contratados e permitirán que, durante o mes de agosto, sexan 19 as persoas que estean traballando na Policía Local, entre persoal permanente e auxiliares. Deste xeito poderá elaborarse un cuadrante que contará con servizo de Policía Local nocturno nas fins de semana.

 

Entre os principais cometidos dos efectivos incorporados están o control do uso de máscaras e do cumprimento das normas COVID, tanto nas praias como nas zonas urbanas, ademais do control de aparcadoiros e zonas peonís. Alén disto, e dados os vergoñentos episodios dos pasados días, dende a Alcaldía, a Concellería de Seguridade Cidadá e a Policía Local, tras unha reunión urxente mantida esta mesma mañá, incídese en que se dá por rematado o período informativo no relativo ás normas de seguridade para o control da COVID-19, polo que as seguintes actuacións terán carácter sancionador.

 

Inda que, polo de agora, o verán se está caracterizado pola normalidade, a tranquilidade e a ausencia de incidentes, dende o Concello do Grove tense constancia da existencia de comportamentos inadecuados, como o non emprego de máscara ou a celebración de “botellóns” en zonas públicas, o que está terminantemente prohibido, polo que non se permitirá que estas condutas se xeneralicen ou pasen impunes, aplicando man dura sobre elas e as correspondentes sancións contempladas na normativa.

 

Brigada medioambiental

 

Ademais disto, a dispoñibilidade de persoal permitiu crear unha brigada permanente de control medioambiental, de tal xeito que dous policías acompañados polo técnico de Medio Ambiente se encargarán de darlle maior celeridade aos expedientes de limpeza de terras que, a día de hoxe, seguen causando bastantes problemas. Deste xeito, a brigada abrirá os correspondentes expedientes por incumprimento da normativa e aplicará sancións dunha contía mínima de 600 euros.

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior agosto | 20 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss