galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Rede de Bibliotecas do Grove

mércores, 18 de novembro de 2020
"A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO GROVE ACADA, UN ANO MÁIS, O PRESTIXIOSO PREMIO NACIONAL MARÍA MOLINER POLAS SÚAS INICIATIVAS"

 

O programa “Biblioteca en streaming” de dinamización lectoral conseguiu 75 puntos e sitúa a biblioteca do Grove entre as 40 mellores de España e como segunda de Galicia.

 

As actividades de animación á lectura postas en marcha pola Biblioteca Municipal do Grove veñen de acadar un novo recoñecemento a nivel nacional. O programa de dinamización lectora “Biblioteca en streaming”, posto en marcha durante o ano 2020, consegue o Premio María Moliner, que supón, ademais dun recoñecemento nacional, unha achega de 2.000 euros para a compra de libros. O proxecto presentado, que conseguiu 75 puntos, foi posto en marcha durante o confinamento e a posterior desescalada e atendeu á necesidade de lles dar resposta ás necesidades do público lector debido ao peche total das dependencias e á suspensión das actividades.

 

A Biblioteca Municipal conseguiu reformular os servizos en tempo récord e sen aviso previo, reaccionando con toda celeridade para trasladar os servizos ao mundo virtual. Deste xeito, transformouse, en boa medida, o xeito de organizar o traballo do persoal da biblioteca co fin de manter as medidas sanitarias e de seguridade das instalacións e durante a prestación de servizos foi preciso buscar alternativas a cuestións diarias. Non se tratou tan só de potenciar a biblioteca na internet, onde xa contaban con iniciativas, senón de conseguir estar preto da comunidade e, sobre todo, do público infantil, ao ser este un dos colectivos máis vulnerables neste período e o que necesitou maior apoio para continuar co seu desenvolvemento cultural.

 

Todo isto supuxo unha iniciativa innovadora, pioneira e que confirma o traballo e o esforzo deste servizo. O Concello do Grove amosa o seu orgullo e satisfacción por contar cun servizo desta calidade que, ademais, ten demostrado saber adaptarse a situacións verdadeiramente complexas garantindo o acceso á cultura de todos os veciños e veciñas.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior novembro | 20 mes próximo
LMMXVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss