Durante os seis primeiros meses do ano os efectivos de Emerxencias interviron en máis de 758 operativos, dos que máis de 70 tiveron relación coa epidemia de COVID.
O Servizo de Emerxencias municipal do Grove tense convertido nun referente en canto a eficacia e mantemento de seguridade. Os resultados dun grupo de emerxencias, que como xa ten explicado, se xestiona de xeito exclusivamente local contando con axudas doutras institucións que non acadan apenas o 20% do seu financiamento, resultan especialmente importantes. Así, tal e como se recolle na táboa adxunta, os profesionais deste grupo interveñen en problemas e situacións diversas, que van dende accidentes de tráfico ata incendios, ou medidas de proteccion e incluso limpezas. A complexidade do seu traballo veuse agravada este ano ao ter que aplicar distintas accións vinculadas coa COVID, como a desinfección de espazos públicos e colexios ou a xestión dos residuos dos domicilios afectados.
Na táboa adxunta recóllense os datos de só os seis primeiros meses do ano 2020. As informacións parciais destes últimos meses apuntan a que o balance final de intervencións vaise incrementar notablemente con respecto aos anos anteriores. Especialmente importante ten sido o papel deste equipo en problemas tan graves como a retirada da avespa velutina. A importancia deste servizo e dos seus profesionais constátase non só cos datos, senón coa realidade de facer que moitos dos problemas e emerxencias do Grove resulten facilmente solucinables, algo que resultaría imposible sen dispoñer deste recurso.