A imaxe titulada "Agardando a noite", de Rocío Vidal Cousido e os seus fillos Xiana e Andy (de 12 e 6 anos, respectivamente), resultou gañadora deste certame de fotografía cun total de 216 "Gústame".
Xa que por mor da delicada situación sanitaria que estamos a vivir non se pode facer unha “foto oficial” da entrega do premio (200 €), achegamos unha foto dos participantes na ruta da Lavagueira-Moreiras, lugar onde se sacou a foto premiada.
Parabéns!!!
Así mesmo, xuntamos unha imaxe do agasallo que recibiron todas as persoas participantes.