galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

xoves, 10 de xuño de 2021
"O CONCELLO DO GROVE TRASLÁDALLE AO SERGAS O SEU MALESTAR POLA SITUACIÓN DA ATENCIÓN PEDIÁTRICA NO CENTRO DE SAÚDE"

As citas médicas para o servizo de Pediatría solicitadas esta semana estanse a dar para o mes de xullo.

 

O Concello do Grove remitiulle hoxe senllas cartas tanto ao xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) do Sergas de Pontevedra como ao conselleiro de Sanidade para expresarlles a súa preocupación e malestar pola situación que se vive durante toda esta semana no centro de saúde con respecto á atención pediátrica, pois estanse a anular citas xa concertadas este mes e as novas citas non se conceden antes do mes que vén.

 

Malia que o alcalde e o concelleiro de Sanidade do Grove xa advertiran de que se podería dar esta situación de desatención pediátrica nunha reunión mantida o pasado mes de marzo co conselleiro de Sanidade e co xerente e a directora de Atención Primaria da EOXI de Pontevedra, dado que un dos especialistas pedira o traslado a outro centro e o outro se xubilaría en datas próximas, non se fixo nada ao respecto.

 

O Concello espera que tanto a súa carta como as múltiples queixas das persoas usuarias sirvan para emendar esta deficiencia que consideran que pon, unha vez máis, a atención primaria da vila meca en niveis sanitarios de hai corenta anos e pide tamén que se tomen as medidas necesarias para que nas próximas datas non se repitan as situacións caóticas vividas nos dous últimos veráns no centro de saúde do Grove con respecto á atención de adultos.

Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss