galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

xoves, 30 de xuño de 2022
"O CONCELLO DO GROVE ORGANIZOU UN INTENSO PROGRAMA CULTURAL DE VERÁN"

 

📌 Ofrecerase unha gran diversidade de espectáculos para todas as idades.

 

    📅O Grove, 30 de xuño de 2022.- O Concello do Grove organizou un intenso programa cultural para os meses de verán cunha gran diversidade de espectáculos co fin de buscar o desfrute e participación do público de todas as idades.

 

👉 Xoves musicais Os xoves musicais terán lugar na Praza do Corgo coa participación de grupos de moi diferentes estilos e para diversos públicos. O ciclo dará comezo o xoves 7 co concerto Camiño aberto a cargo de Rosa Leiro e Juan Carlos Camba. Así mesmo intervirán Carmela Arce e Anxo Rego, o grupo vigués Batea, a agrupación Galifunk Brass, Generación Perdida, Carolina Rubirosa e Rafa Otero, e o concerto de Songs for Freedom a cargo de Julian Maeso e Luke Jenninger .

 

👉 Concertos de verán Ademais dos xoves musicais, tamén se celebrarán diversos concertos. O domingo 24 de xullo na Praza do Corgo a agrupación musical os Firrás, coa colaboración do Concello do Grove, ofrecerá unha nova edición de Noite de Serenatas na que participarán, ademais da propia agrupación, Lembranzas Moiañesas e A Xaiba.

 

O venres 5 de agosto será a quenda de Andrea Búa e Alberto Comesaña, voz e acordeón, con Cantares do Meu Lar no espectacular enclave da Salgadeira Vella de Punta Moreiras. O domingo 14 de agosto na Praza do Corgo, a agrupación musical os Firrás, coa colaboración do Concello do Grove, ofrecerá unha nova edición de Noites de Taberna con diferentes agrupacións musicais.

 

👉 Actividades infantís Para o público infantil organizouse o programa Biblioactividades que se desenvolverá todos os martes ás 11.30 h nas bibliotecas da vila, alternando a Biblioteca Municipal do Grove e a Axencia de lectura de San Vicente. Ofreceranse sesións de contacontos e interesantes obradoiros. Este programa arrancará o martes 5 de xullo na Biblioteca Municipal do Grove co fantástico espectáculo Rockeando con Ramona Órbita a cargo de Pakolas . O martes 12 desenvolverase na Axencia de Lectura de San Vicente un Obradoiro científico a cargo de Héroes de la Ciencia.

 

Así mesmo, grazas á colaboración de Kids &Us do Grove, ofreceranse dúas sesións de Story times. O primeiro na Axencia de Lectura de San Vicente o mércores 20 de xullo e o segundo na Biblioteca Municipal do Grove o mércores 17 de agosto.

 

👉 Cinema de verán O cinema de verán volve ao enclave da Capela de San Antonio e celebrarase todos os mércores. Este ciclo arrancará o mércores 6 de xullo coa película Érase unha vez, recomendada para público familiar e infantil. Así mesmo, tamén se ofrecerán as proxeccións dos filmes Maixabel, Bella e o circo máxico, El Jardín de la alegría, Cavernícola, A todo tren e Dune.

 

👉 Día da Patria Galega O 25 de xullo, Día de Galicia, celebrarase un acto institucional que dará comezo ás 21.30 h ao que seguirá o concerto de Baiuca live band, grazas ao patrocinio do programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

 

Baiuca achegará ao grove o un show musical e audiovisual, no que a música tradicional galega e a música electrónica de vangarda danse a man nun espectáculo multiartístico que mestura música tradicional e electrónica con imaxes de gran formato.

 

👉 Espectáculo de Maxia Euforia O venres 29 de xullo porase en escena no Auditorio do Grove Euforia, un espectáculo de gran formato de Dani Polo, xoven mago galego, finalista do programa “Pura Magia” de TVE e premiado en diferentes puntos de Europa.

 

Un espectáculo único para todos os públicos, cun ritmo trepidante onde todo, absolutamente todo, é posible, dende persoas que aparecen ou se cortan pola metade ata espectadores que conseguen voar. O humor, a participación do público e, sobre todo, a maxia máis espectacular son as claves da proposta. Para asistir será necesario recoller os convites na Biblioteca Municipal do Grove.

 

👉 Asociacións Culturais O programa tamén inclúe actividades de asociacións culturais nas que colabora o Concello: Concerto Música Viva o 29 de xullo no Auditorio do Grove. Organizado pola C.P. da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove e que contará coa intervención da propia Coral, Diego Rosal co grupo de Percusión e a Agrupación Coral San Miguel de Lores.

 

O Encontro poético en todas as Latitudes o 13 de agosto ás 20.00 h na Praza do Corgo, organizado polo colectivo de poetas do Grove.

 

👉 Así mesmo, o programa recolle un resumo de iniciativas privadas como o Carnaval de Verán na rúa Pombal o 13 de agosto e a programación cultural de El Patio.

 

Programa verán cultural 2022

 

 

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior setembro | 23 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss