galego | español
texto grande
buscar

Axenda

PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRAMENTO DOS PADRÓNS DO IBI E DO IAE CORRESPONDENTES AO EXERCICIO 2020

Comezo: martes, 1 de setembro de 2020
Remate: luns, 2 de novembro de 2020
"PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRAMENTO DOS PADRÓNS DO IBI E DO IAE CORRESPONDENTES AO EXERCICIO 2020"

Aberto o prazo de cobramento en voluntaria do imposto de bens inmobles (IBI) de natureza urbana e rústica e do imposto de actividades económicas correspondentes ao exercicio 2020.

 

Período voluntario de cobranza: do 1 de setembro ao 2 de novembro de 2020, ambas as dúas datas incluídas.

 

Procedemento: mediante a orde de domiciliación bancaria ou nas oficinas das entidades colaboradoras (na propia oficina bancaria, nos caixeiros automáticos e a través de sede electrónica do Concello-pasarela de pagos), empregando os recibos que se enviarán ao domicilio declarado do/a contribuínte por correo ordinario. De non recibir ditos documentos de pagamento, deberán solicitar un duplicado nas dependencias da Tesourería-Recadación do Concello do Grove.

 

Para os recibos domiciliados, o cargos nas contas bancarias efectuarase o día 1 de outubro deste ano.

 

O vencemento do prazo en período voluntario sen ter satisfeita a débeda determinará o comezo do procedemento de constrinximento, a percepción do recargo do 5, 10 ou 20% e os demais conceptos esixibles. O dito procedemento executivo, no caso do canon da auga, levarao a cabo a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia

Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss