galego | español
texto grande
buscar

Noticias

martes, 7 de novembro de 2023
"Curso de monitor de tempo libre"

O Concello do Grove organiza un curso de monitor de actividades de tempo libre coa escola de tempo libre Balea.

 

Terá unha duración de 200 horas teóricas, das cales 120 serán presenciais e 80 en liña. Ademáis para obter o título, que estará  homologado pola Xunta de Galicia, as persoas participantes terán que realizar 150 horas prácticas.

 

A formación impartirase os venres pola tarde e sábados e domingos de mañán e tarde e durará do 24 de novembro ao 27 de xaneiro do 2024.

 

O curso está subvencionado polo Concello do Grove quedando o prezo en 225 € por persoa e terán prioridade en participar as persoas empadroadas no noso concello.

 

O prazo de inscrición queda aberto ata o 17 de novembro.

 

A Oficina Municipal de información xuvenil (OMIX) será a encargada de aclarar dúbidas e recoller as inscricións na súa oficina  situada no 2º andar da Casa do Concello (886214933, omix@concellodogrove.es  

 

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior febreiro | 24 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss