PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE (PACES)
Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) - O Grove>
ELABORACIÓN DO PLAN DE ACTUACIÓN MUNICIPAL ANTE O RISCO DE INUNDACIÓN (P.A.M.R.I)
Proxecto financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional cunha axuda de 4.500,00 € sobre un importe totalda obra de 7804,50 €
Á vista das consideracións autonómicas, ministeriais e de tipo internacional (IPPC) queda fóra de toda dúbida a relación entre o cambio climático e o aumento da frecuencia e a intensidade dos episodios de inundación en territorios costeiros. Mais tamén debe pórse o acento nas recomendacións dadas dente todos estes organismos para que no marco das competencias que a cada un lle corresponda, se tomen as medidas de planificación que melloren a adaptación a estas novas situacións presentes e futuras, xusto o que o Concello do Grove pretende coa co seu Plan de Actuación Municipal ante o Risco de Inundacións. Así as cousas, existe unha estreitísima relación entre este tipo de ferramentas de xestión e organización mais os efectos sobre o medio. Por unha parte unha relación causal directa ao estar directamente vencellado ao cambio climático coa frecuencia e intensidade das inundacións; por outra, un efecto positivo da actividade humana nas afeccións secundarias que retroalimentan o cambio climático (pegada de CO2) por crear sistemas de menor interferencia e en resumo máis sostibles e compatibles coa contorna.
OT 5. “Frear o cambio climático”
Obxectivo:
Ante o risco de inundacións, os plans de actuación municipal establecen a organización e actuación dos recursos e servizos propios, co obxecto de lles facer fronte ás emerxencias por inundacións, dentro do seu ámbito territorial, freando así os efectos que o cambio climático pode xerar no municipio.
O PAMRI no concello do Grove aplica criterios de organización e planificación dos usos do territorio que deriven en afeccións sociais e naturais menores.
A correcta xestión dos espazos e usos que sobre eles se vaian planificando contribuirán a unha maior compatibilidade das actividades sociais sobre estes episodios de inundación que previsiblemente poidan darse.
Resultados:
OBRA DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE NA PRAIA DA LANZADA- O GROVE
Esta obra foi financiada con Fondos Feader “Europa inviste nas zonas rurais” cunha axuda de 27.510,87 € sobre un importe total da obra de 42.324,42 €.
Para que todas as persoas, incluíndo aquelas con discapacidade, poidan gozar da praia e do baño é necesario que esta teña unhas instalacións que faciliten a súa utilización a Persoas de Mobilidade Reducida (PMR) e de forma complementaria ás condicións de accesibilidade das instalacións, tamén deben preverse unha serie de servizos dirixidos ás persoas con necesidades especiais. A praia da Lanzada acondicionouse para permitir que as PMR poidan acceder con total posibilidade ao areal, buscáronse os seguintes obxectivos:
Dotar de estacionamento próximo a praia con prazas reservadas para PMR.
Dispoñer de varandas con pasamáns a dobre altura e un zócalo que lles facilite o seu uso a todas as persoas en distintos accesos ao areal.
Crear unha zona de sombra para os usuarios cunha pasarela de madeira móbil que posibilite a chegada á beira do mar.
Dispoñer dun banco accesible na contorna mellorada.
Dotar dunha ducha e lavapés accesible cunha rampla de acceso con varanda, pasamáns e zócalo.
Adecuar a pasarela principal aos baños de PMR eliminando barreiras e colocación de pasamáns baixos e a dobre altura.
Adaptar os baños para PMR facéndoos accesibles.
Os resultados obtidos son os seguintes:
Pintáronse e sinalizáronse 12 prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida.
Colocáronse en diferentes puntos varandas con pasamáns a dobre altura e un zócalo correspondente para lles facilitar o uso ás PMR.
Creouse unha zona de sombra que permite a estancia prolongada dos usuarios.
Continuouse cunha pasarela de madeira de 15 m unindo a plataforma coa liña de preamar. A zona de praia exposta á marea completouse con tramos non fixos, preparados para chegar ata a beira do mar.
Colocouse dentro da zona un banco con reposabrazos conferindo maior seguridade de uso ao evitar a caída lateral.
Instalouse unha ducha e un lavapés con asento e barras de apoio, así como unha rampla de acceso con varanda, pasamáns e zócalo. O lavapés posúe mecanismo de accionamento por presión.
Eliminouse o desnivel da pasarela principal cunha pendente excesiva e instalouse unha varanda con pasamáns baixo e a dobre altura, aumentando o ancho da pasarela a 1,80 metros.
Realizáronse dous baños accesibles coa colocación de pictogramas a 1,45 m do chan, colocación das pezas de aseo e portas, de maneira que poida realizarse un círculo dun diámetro mínimo de 150 cm que permite a aproximación frontal ao lavabo e lateral ao inodoro. Colocáronse barras de apoio abatibles no inodoro e instaláronse billas monomando no lavabo, así como outros accesorios necesarios para facelo accesible.
Enlace da Comisión Europea dedicada aos Fondos Feader:
http://ec.europa.eu/agriculture/rural-development-2014-2020/index_es.htm
A Concellería de Medio Ambiente participa en varios proxectos ambientais que teñen como finalidades poñer en valor certos espazos naturais do concello e potenciar o uso sostible dos recursos naturais.
Proxecto de conservación e mantemento da Rede Natura 2000 do Concello do
Grove
O Concello do Grove conta entre os seus límites cun extenso espazo integrado na
Rede Natura 2000. Este proxecto busca unha maior difusión da importancia destes
espazos e a potenciación da súa conservación. Para acadar esta finalidade, o traballo
centrouse nas rutas de sendeirismo de Adro Vello e Con Negro–Os Coupríns. A
actuación neste espazo concentrarase na limpeza e arranxo destas rutas e a súa
sinalización.
Obxectivos:
Limpeza, mantemento e posta en valor das rutas de sendeirismo de Adro Vello e Con
Negro–Os Couprins.
Proxecto de Turismo Ornitolóxico
Pode informarte sobre o proxecto PIO premendo aquí.
Conservación e posta en valor do Monte Central
O Monte Central ocupa unha ampla extensión da zona centro da Illa da Toxa. A maior
parte das case 23 hectáreas están ocupadas por piñeiros de variedade tipicamente
galega, coñecida comunmente como piñeiro país ou piñeiro galego. Esta variedade
presenta característica forestais excepcionais que deben ser conservadas e
potenciadas. Mais a avanzada idade destes exemplares e os ataques de diferentes
patóxenos fan que sexa indispensable un proxecto de actuación encamiñado á
rexerenación natural desta mata.
Obxectivos:
Mellorar as condicións de conservación e potenciar a súa rexeneración natural.
Praias caninas