A súa opinión é importante, escriba a súa queixa ou suxestión.
Grazas por axudarnos a mellorar!
Mapa da área de traballo
Desde esta ligazón poderás ver o mapa da área de traballo do persoal de limpeza do Concello.
Mapa da área de traballo
Persoal e maquinaria
Estamos a traballar para crear un sistema de acordo cos intereses xerais da nosa vila, para iso estamos elaborando o novo Servizo Municipal de Limpeza, que pasou de 3 a 12 operarios/as. Todo este novo cadro de persoal municipal dedicarase a manter en óptimas condicións de hixiene as nosas rúas.
Ademais estamos investindo en melloras na maquinaria para facer rendible e optimizar os recursos humanos de que dispoñemos. A compra dunha varredora de altas prestacións, sopradoras, rozadoras e outros investimentos, que agardamos posuír ao longo do ano 2009, son unha constante mellora e evolución do servizo.