galego | español
texto grande
buscar

 

A península do Grove conta con amplos espazos naturais que se integran en diferentes figuras de protección.  

 

Complexo Intermareal Umia–O Grove

A desembocadura do río Umia crea unha baía moi protexida, de pouca profundidade e con amplas superficies intermareais. Estas características permiten que esta zona conte cunha valiosa e variada riqueza ornitolóxica durante todo o ano, aínda que son maioría as especies invernantes. Destaca a abundancia de especies limícolas e anátidas, tanto de paso como invernantes. As figuras de protección presentes neste espazo son:

 

  • Zona de Especial Protección dos Valores Naturais
  • Zona Húmida Protexida (Complexo Intermareal Umia–O Grove, A Lanzada: 2.476,72 ha)
  • Lugar de Importancia Comunitaria (Complexo Ons–O Grove, LIC ES 1140004; 7.506,75ha)
  • Zona Ramsar (Complexo Intermareal Umia–O Grove, 7ES011; 2.561 ha)

 

Complexo Ons–O Grove

Este espazo inclúe o Complexo Intermareal Umia–O Grove–A Lanzada–Punta Carreirón e Lagoa da Bodeira, xunto coa zona de costa aberta que se sitúa entre Reboredo e San Vicente do Mar. Neste tramo altérnanse pequenos areais e costa rochosa de media e baixa altura, no cal destaca o sistema dunar da praia da Mexiloeira e a Lagoa da Bodeira.

 

As figuras de protección presentes neste espazo son:

 

  • Zona de Especial Protección dos Valores Naturais
  • Zona Húmida Protexida (Complexo Intermareal Umia–O Grove–A Lanzada: 2.476,72 ha)
  • Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA ES0000087 Complexo Intermareal Umia–O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa da Bodeira)
  • Zona Ramsar (Complexo Intermareal Umia–O Grove, 7ES011; 2.561 ha)

 

A Lagoa da Bodeira

Este lagoa litoral forma parte dos espazos anteriormente citados, mais as súas características merecen unha mención á parte. A Lagoa da Bodeira é a única lagoa litoral de auga doce da provincia de Pontevedra. Esta singularidade é un gran atractivo para a fauna ornitolóxica que habita nas zonas próximas.

 

As figuras de protección presentes neste espazo son:

 

  • Zona de Especial Protección dos Valores Naturais
  • Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA ES0000087 Complexo Intermareal Umia–O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa da Bodeira)

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior setembro | 23 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss