galego | español
texto grande
buscar

 

A Illa da Toxa non é só un dos principais atractivos turísticos do Grove. Nela, ao abeiro do incipiente turismo que historicamente se achegou ao balneario, naceu a que probablemente sexa a mostra de artesanía máis orixinal de Galicia: a artesanía en cuncha.

Desde ben nenas, as mulleres do Grove enfiaron colares e todo tipo de abelorios para venderllos aos turistas que nos visitaban.

Os colares de cunchas da Toxa son por excelencia o produto máis mercado como recordo do noso municipio.

 

Na Toxa seguen a traballar as chamadas colareiras, pero tamén se pode atopar hoxe en día unha ampla oferta do comercio local en tendas de roupa especializadas en marcas, encaixe de Camariñas, artigos de pel ou xoiería, que se mesturan na Aldea Comercial coa oferta hostaleira.

 

Fronte á Aldea Comercial atopamos O Redondo, onde conviven os tradicionais colares de cunchas cunha ampla gama de artigos de regalo e recordos para agasallar a familia e as amizades á volta dunhas merecidas vacacións.

Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss